Grupos Burbulla

En A Casa do Rock estamos encantados de escoitar as vosas propostas, por iso ofertamos os GRUPOS BURBULLA.

Se tes un grupo entre 6 e 8 amigos, compañeiros de clase, familiares… e queres pasalo ben aprendendo música, tedes a nosa Escola á vosa disposición.

As materias nas que vos podedes matricular son as seguintes:

Iniciación á música (3 a 6 anos)
Iniciación aos ritmos (3 a 6 anos)
Linguaxe musical (de 6 anos en diante)
Teatro musical (de 4 anos en diante)

Importante:
– Os grupos estarán formados por un mínimo de 6 alumn@s e un máximo de 8. (No caso de ser 6 alumn@s nun grupo e ter unha baixa, ese grupo non podería continuar).
– O prezo mensual por media hora son 30€ e de unha hora 55€ (prezo por alumn@).

Se estás interesado ou queres máis información, contacta connosco no correo acasadorock@acasadorock.com ou por teléfono no 881 97 96 60.