A casa do rock

Estudio de gravación

Momentos que fan historia en A Casa do Rock

Ao longo do ano, a nosa escola énchese de vida, talento e emocións compartidas. Cada concerto, taller, sesión ou ensaio aberto é unha oportunidade para conectar a través da música e deixar pegada na nosa comunidade.

Nesta sección atoparás unha recompilación de imaxes que capturan a enerxía, a paixón e o espírito da Casa do Rock nos seus eventos máis destacados. Porque cada nota tocada, cada aplauso e cada sorriso forman parte do que somos.

Explora as nosas galerías e revive connosco os mellores momentos!

Obradoiro música en familia

Idades: Ata 6 anos
Lugar: CCSS Santa Marta
Duración: Sábado 3 xaneiro – 11:30 a 13:15

Obradoiro musical, para toda a familia.

Festival Teatro

Idades: 5 a 12 anos
Lugar: Auditorio Afonso Eanes (Negreira)
Duración: Sábado 29 novembro

Festival de “nadal” do noso alumnado de Teatro Musical. Os voso pesadelos poden facerse realidade.

Concerto Didáctico

Idades: Escolar
Lugar: CEIP O coto – Negreira
Duración: Horario de mañá

O obxectivo é que non só escoiten, senón que sintan a música e se deixen levar polo seu ritmo.

Obradoiro Ukelele - A Casa do Rock - Santiago de Compostela

Obradoiro ukelele

Idades: A partir de 12 anos
Lugar: Escola A Casa do Rock
Duración: Sábado 8 Novembro 17 a 19,30

🤩 Nesta clase de Berni sairás tocando un par de cancións!!!

Samaín

Idades: Tódalas idades
Lugar: Escola A Casa do Rock
Duración: Do 25 ao 31 outubro

Tedes preparados os vosos disfraces??

Samaín vos espera!!

Macroactuación

Idades: Tódalas idades
Lugar: Monte do Gozo

A Casa do Rock xunto co Coro Infantil San Roque A Paz e a Banda CMUS Reberiano Soutullo de Ponteareas invítanvos a participar nunha nova edición, e xa van cinco, da Macroactuación.