Clases de rudimentos

Perfecciona os rudimentos musicais coas nosas clases especializadas!

Que aprenderás
nas clases de
rudimentos?

Os rudimentos son a base esencial para desenvolver habilidades técnicas en calquera instrumento. Nesta materia, traballarás en exercicios fundamentais que mellorarán a túa precisión, coordinación e velocidade para mellorar a técnica nas nosas clases de batería.

Dende diferentes agarres, técnicas de brazo, ata improvisacións rítmicas, estas clases de reforzo axudaranche a construír unha sólida base técnica que potenciará a túa execución e creatividade musical.

Clases de rudimentos