Campamento Verán
O Campamento Musical Urbano de A Casa do Rock ten lugar durante os meses de xuño e xullo. As actividades que plantexamos teñen como obxectivo principal achegar o mundo da música aos cativos a través do xogo, traballando o desenvolvemento corporal e intelectual mediante a aprendizaxe do ritmo, o son, a entonación e a coordinación. De cada actividade, os pequenos músicos sustraerán un concepto e unha práctica realizable por eles/as mesmos/as. Serán as siguientes:

ACTIVIDADES
► Os instrumentos musicais
• Coñecer as familias de instrumentos.
• Coñecer instrumentos clásicos e modernos.
► Ritmo
• Traballar o pulso con cancións coñecidas.
• Dominar a subdivisión do pulso.
• Utilizar a percusión corporal como instrumento.
► Discriminación auditiva
• Ser quen de distinguir e identificar sons, voces, instrumentos…
• Primeiro distinguir entre dúas voces e dous instrumentos.
• Segundo identificar eses sons.
• Terceiro identificar sons que soan á vez.
► Estilos musicais
• Coñecer os estilos máis significativos da música moderna.
• Distinguir as características principais de cada estilo.
• Respectar todos os estilos e os gustos dos compañeiros/as.
► Obradoiros
• Fabricar pequenos instrumentos con materiais reciclados.
• Aplicar os coñecementos das partes dos instrumentos.
• Interpretar pequenas pezas.
DISTRIBUCIÓN
– Mínimo 6 nen@s para cada grupo
De 3 a 6 anos (Infantil)
De 7 a 10 anos (Primaria I)
De 10 anos en diante (Primaria II e ESO)
PREZOS


*A quincena inclúe dúas semanas consecutivas.
**O mes inclúe catro semanas consecutivas.
***Prazas limitadas.
HORARIO
De 09.00 A 14:00 horas
DATAS
Do 22 de xuño ao 31 de xullo
Do 1 ao 8 de setembro
O prezo inclúe:
- Un docente por cada 15 alumnos (aforo suxeito ás medidas sanitarias vixentes)
- Programa de actividades lúdicas
- Material para as actividades
- Seguro de responsabilidade civil
- Seguro de accidentes
O prezo non inclúe merenda
CALENDARIO

LOCALIZACIÓN
Rosalía de Castro 33 – Santiago de Compostela
Campamento Verano 2020