A casa do rock

Estudio de gravación

Concertos didácticos

Os concertos didácticos de A Casa do Rock baséanse na creación dun ambiente propicio para a liberdade de expresión musical dos nenos e nenas. Non é un espectáculo para ver, senón para formar parte activa del.

Cobran vida a imitación, a improvisación, a capacidade de resposta, a imaxinación… Todo o imprescindible para crear unha verdadeira atmosfera lúdica na que gozar con liberdade.

Partimos da base de que a música ten unha capacidade de comunicación moito maior que a de calquera outra linguaxe. Xogaremos coas calidades do son, co movemento corporal e coas distintas composicións musicais que se poden dar. Crearemos un ambiente de confianza e sentimento de grupo ao longo de todo o espectáculo utilizando diferentes materiais, ritmos, estruturas musicais e dinámicas grupais. Así, nenas e nenos acabarán por somerxerse nunha experiencia única e deixándose levar polas súas emocións e sentimentos.

Para quen está pensado?

Esta é unha actividade dirixida principalmente a crianzas de entre 7 e 11 anos, aínda que tamén contamos con experiencia adaptándoa para o alumnado de secundaria así como para idades máis pequenas.

Actividades a facer

Utilizaremos algúns dos temas clásicos do rock así como temas máis actuais para aprender conceptos como o ritmo e o tempo, as características dos principais instrumentos como a batería ou o baixo e tamén a utilizar a propia voz como unha ferramenta máis. Neil Young, White Stripes, Steppenwolf, Scorpions, Tanxugueiras, Chuck Berry, Little Richard, Maneskin, Imagine Dragons ou ACDC son algúns dos artistas que estarán presentes nestes concertos didácticos.

Ubicación

No teu centro. A Casa do Rock conta con todo o equipo necesario para ofrecer un concerto de rock en directo que resulte didáctico e lúdico a un tempo.

Un evento inesquecible

As crianzas aprenderán sobre os diferentes instrumentos que marcaron a historia do rock. A través de dinámicas interactivas e xogos, explorarán o ritmo da batería, a potencia da voz, a profundidade do baixo e a enerxía da guitarra eléctrica, mergullándose nunha experiencia única e participativa

icono-dossier

PREME PARA DESCARGAR!

Dossier informativo

O obxectivo é que non só escoiten, senón que sintan a música e se deixen levar polo seu ritmo. Bailarán e saltarán ao son dos clásicos do rock e dos temas máis actuais, vivindo a emoción dun concerto en directo.

Actividade dirixida a colexios, asociacións e outras entidades interesadas en achegar ás crianzas á música dun xeito divertido e educativo.

  • Máis información dispoñible no dossier. (Arquivo en .pdf)

Edicicións anteriores

Aquí tes algunhas fotos que capturan a esencia das pasadas edicións dos nosos concertos didácticos.

2023