A casa do rock

Estudio de gravación

Dálle vida á túa música en A Casa Do Rock!

Contamos cun estudio de gravación profesional, onde bandas e solistas poden desenvolver os seus proxectos musicais co apoio e as ferramentas necesarias. Contamos cunha ampla experiencia en produción musical, gravación en directo, mestura e masterización. A nosa paixón pola música, xunto con anos de traxectoria e un compromiso coa excelencia, reflíctense na calidade de cada traballo que realizamos.

Servizos de gravación en
A Casa do Rock

Orzamento de gravación

Estudio de
gravación

Tes unha banda e non sabes onde gravar? En A Casa do Rock temos a solución!

Ofrecemos servizos profesionais como: preprodución (gratuita para álbums completos), gravación de calidade, mestura e masterización. Con enxeñeiros de son expertos e un ambiente ideal para calquera xénero musical.

Reserva unha sesión e fai que a túa música soe como nunca antes!

Músicos de sesión

Músicos
de sesión

En A Casa do Rock ofrecemos un estudio completo para músicos de sesión con equipamento para guitarra eléctrica, acústica, baixo, batería, voz, teclado, coros, gaita, violín, whistle e percusión entre outros.

Ascende coa túa música ao seguinte nivel!

Alugueiro de backline

Alugueiro de
backline

Ofrecémoche alugueiro de instrumentos e equipos como baterías, amplificadores de guitarra e baixo, pianos, teclados, sistemas de son, micrófonos e cableado profesional. Ademais, ocupámonos da montaxe, probas de son, desmonte e transporte do material ao lugar que elixas, para que poidas concentrarte no que realmente importa: a música.

Se queres saber máis sobre os nosos servizos, completa o noso formulario en liña e responderémosche rapidamente.

Sobre o noso estudio de gravación

En A Casa do Rock contamos cun estudio dividido en dous espazos:

Batería no centro dunha cabina de gravación, lista para unha sesión de música en vivo
Posto de mezcla profesional nunha sala de control acústicamente tratada, con monitores de estudio, consola digital e múltiples pantallas para a edición de audio

Cabina de gravación

Un espazo completamente insonorizado que cumpre con todos os estándares profesionais. A cabina está deseñada para ofrecer a calidade de gravación que buscas, e comunícase co control mediante unha pantalla e un sistema de talkback, facilitando a interacción e o fluxo de traballo.

Sala de Control

Unha sala cómoda e acolledora, equipada con tecnoloxía de vangarda que garante unha acústica excepcional. É o lugar ideal para gozar dunha escoita activa, onde todos os detalles percíbense con claridade.

Cada nota conta! Ven A Casa do Rock e transforma as túas ideas musicais nunha produción de alta calidade.

Ubicación