15 de Marzo de 2024

Actuación Combos na Fanzone Obradoiro vs Breogán

Actuación Combos na Fanzone Obradoiro vs Breogán

O próximo sábado 23 de marzo, parte dos nosos combos participarán na Fanzone previa ao partido entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán.

A Fanzone dará comezo ás 13:30 cunha sesión vermú, previa ao xantar.

O comezo da tarde será amenizado por un dj e a partir das 18:00, os nosos combos serán os encargados de quentar a previa do partido con temas propios e versións de cancións por todos coñecidos.

A partir das 18:00 horas

Electrodoss
Rocke Experience
Shower Hell
Q.D.L.

Previo o comezo do derbi galego, entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogan, marcado para as 20:45h.

[embed-google-photos-album link=”https://photos.app.goo.gl/yebhJ87Chw6QVHnj9″ mode=”carousel”]

Outros artículos

  • 24 de Setembro de 2024
    Macro Actuación 2024 – Grazas !
  • 2 de Setembro de 2024
    Macroactuación 22 Setembro 2024