Clases de canto

Fai que a túa voz sexa o centro do escenario coas clases de canto de A Casa do Rock!

Cantar é unha expresión natural e persoal que debe estar aliñada coa técnica adecuada para alcanzar todo o seu potencial. As nosas clases están deseñadas para ofrecer unha sólida técnica vocal, abordando complicacións técnicas e facilitando a túa realización musical e persoal.

Que aprenderás
nas clases de
canto?

Traballaremos xuntos para lograr unha correcta técnica vocal, utilizando “imaxes mentais” para comprender e controlar os mecanismos musculares que producen a voz.

A medida que traballas no teu desenvolvemento vocal, adaptaremos o proceso ás túas necesidades e características, tendo en conta a diversidade de tipos vocais.

Clases de canto

Na nosa formación en canto, aprenderás as bases anatómicas e fisiolóxicas do aparato respiratorio, fonador e resoador, e como se aplican á voz cantada. Este coñecemento axudarache a comprender mellor como funciona a túa voz e a utilizala de forma máis eficaz.

Ensinarémosche a adoptar unha postura corporal correcta ao cantar, para conseguir unha óptima emisión vocal e evitar tensións innecesarias durante o canto.

Aprenderás a utilizar métodos de relaxación corporal e mental para mellorar o teu rendemento vocal e así reducir o estrés. Estas técnicas axudaranche a estar relaxado e concentrado tanto na práctica como nas presentacións.

Farás unha serie de exercicios variados para traballar a respiración, a emisión, a resonancia e a articulación da voz. Estes exercicios son esenciais para desenvolver un control vocal sólido e mellorar a túa técnica.

Coñecerás técnicas expresivas como o vibrato, legato, staccato e adornos vocais para enriquecer a túa interpretación. Aprenderás a empregar estas técnicas para expresar emocións e matices no teu canto.

Desenvolverás métodos de control emocional para xestionar a ansiedade escénica e presentar a túa mellor versión no escenario. Estas técnicas permitiran que te sintas máis seguro e cómodo durante as túas actuacións.

Utilizarás a voz cantada como ferramenta para o autodescubrimento e expresión persoal. Axudarémosche a gozar do proceso de cantar e explorar a túa propia voz dun xeito creativo e auténtico.

Contido do curso

Os contidos que traballaremos durante o curso de canto son:

  • Coñecemento de anatomía e estruturación vocal
  • Técnicas básicas para traballar a voz
  • Vocalizacións variadas e adaptadas
  • Parámetros do son
  • Recursos estilísticos
  • Ampliación e mellora do control vocal
  • Audicións comparativas
  • Escalas
  • Actividades de control emocional e relaxación mental e corporal
  • Recursos de improvisación rítmico-melódica sobre bases ou pezas de diferentes estilos
  • Ferramentas para regular e mellorar a presenza escénica
  • Nocións e especificacións técnicas para o manexo de equipos de son orientado á voz
Clases de canto

Clases de canto
para todas as idades
e niveis

As clases de canto de A Casa do Rock están deseñadas para artistas de todos os niveis. Tanto se es un principiante como un experto, temos plans adaptados con obxectivos personalizados para cada grupo.

A través dunha metodoloxía activa, traballaremos todos os elementos que interveñen no acto de cantar.

No nivel básico aprenderás as bases anatómicas fundamentais do aparello respiratorio e fonador a través de exercicios adecuados á execución da voz.

Exploraremos xuntos diferentes métodos de relaxación adaptados ás túas necesidades e traballaremos a na túa postura corporal para conseguir un equilibrio óptimo á hora de cantar.

Comezarás interpretando pezas sinxelas adaptadas aos teus gustos, e gravarás as túas actuacións para escoitar e analizar a túa propia voz.

Ademais, practicarás a escoita activa de música para desenvolver unha sólida cultura musical e ter os teus propios criterios interpretativos, e exercicios de dicción e articulación axeitados á lingua na que queiras cantar.

No nivel medio centrarémonos en traballar técnicas avanzadas de respiración costo-diafragmática e apoio diafragmático, perfeccionando, tamén, o aprendido.

Realizarás exercicios corporais para fortalecer a túa parede abdominal e aprenderás hábitos vocais saudables para protexer a túa voz. Traballarás con exercicios e vocalizacións que inclúen intervalos máis amplos, e seguiremos a metodoloxía da escoita activa das túas propias gravacións para seguir a túa evolución como cantante.

Neste nivel, exploraremos xuntos as túas posibilidades vocais en canto a timbre, flexibilidade e extensión, e corrixiremos malos hábitos posturais e tics durante o canto.

Como parte teórica, estudarás partituras e empregarás terminoloxía vocal para mellorar a túa técnica e comprensión musical.

No nivel de perfeccionamento, afondaremos en diferentes estilos musicais, especializándote nun segundo os teus gustos, e practicarás unha variedade de escalas e modos. Traballaremos nas túas habilidades de improvisación vocal e gravaremos as túas interpretacións para observar a túa evolución.

Unha vez desenvoltas habilidades de control da voz, respiración e adoptamos unha postura correcta, perfeccionaremos a presenza escénica, aprendendo a manexar distintos tipos de micrófonos. Ademais, explorarás a harmonización dunha voz principal e aumentarás a complexidade rítmica e harmónica das pezas musicais nas que traballas, levando o teu canto a un nivel profesional e sofisticado.