Clases de piano e teclado

Transforma a túa música coas nosas clases de piano e teclado!

O piano é un instrumento fundamental que proporciona unha base sólida para calquera músico. Permite achegar a teoría e a práctica dunha maneira accesible, directa e divertida, converténdoo nunha ferramenta imprescindible para desenvolver a creatividade.

En A Casa do Rock descubrirás como o piano foi un piar da música ao longo dos séculos e como os teclados modernos aportan timbres innovadores ao rock e a outros estilos contemporáneos.

Aprenderás a interpretar, improvisar e compoñer, aproveitando as súas características únicas.

Que aprenderás
nas clases de
piano e teclado?

Nas nosas clases de piano e teclado descubrirás todo o que poden ofrecer estes instrumentos. Exploraremos as súas posibilidades técnicas e sonoras, para que poidas comprender plenamente as súas características e aproveitar ao máximo o seu potencial musical.

Clases de piano e teclado

Centrarémonos en que adoptes unha postura axeitada dende o principio, evitando malos hábitos. Aprenderás técnicas de dixitación e posición das mans que che permitirán tocar con fluidez e precisión, mellorando o teu rendemento.

Axudarémosche a establecer hábitos de estudo sólidos, incluíndo a escoita consciente, a práctica regular e a toma de iniciativa na túa aprendizaxe. Estes aspectos farán que acades os teus obxectivos musicais de maneira consciente.

Desenvolverás a capacidade de ler partituras de forma independente, tanto en clave de sol como en clave de fa. Esta habilidade permitirá que interpretes con seguridade e confianza unha ampla gama de pezas, dende melodías sinxelas ata composicións máis complexas.

Aprenderás a aplicar técnicas expresivas como o legato e o staccato, así como a controlar a dinámica de pulsacións para enriquecer a túa interpretación. Estas habilidades axudaranche a transmitir emocións e darlle vida ás melodías.

Centrarémonos en que comprendas e domines unha variedade de acordes e escalas esenciais para a música moderna. Estes coñecementos serán fundamentais para a práctica consciente e proporcionaranche as ferramentas necesarias para a improvisación creativa.

Fomentaremos a túa creatividade musical a través da experimentación melódica, rítmica e harmónica. Animarémoste a que expreses as túas propias ideas, improvises sobre diferentes patróns e mesmo compoñas as túas propias pezas, desenvolvendo así o teu estilo persoal.

Incorporarás recursos estilísticos que che permitirán adaptarte a diversos xéneros musicais, enriquecendo a túa formación e ampliando os teus horizontes. Este enfoque axudarache a atopar o teu propio camiño na música e a desenvolver o teu gusto persoal.

Guiarémoste na creación do teu propio repertorio, que reflicta os teus intereses e habilidades. Esta selección de pezas será unha base sólida para o teu desenvolvemento continuo e permitirá que demostres as túas habilidades en diferentes situacións musicais.

Experimentarás o piano e o teclado en contextos variados, como solista ou en conxunto, explorando o seu papel en diferentes estilos musicais. Esta experiencia permitirá que te adaptes a diferentes ambientes e enriquecer a túa práctica musical.

Contido do curso

Os contidos que traballaremos nos cursos de piano e teclado son:

  • Fundamentos do instrumento e experimentación
  • Técnicas básicas do instrumento: coñecemento do teclado, funcionamento mecánico, posición corporal, colocación das mans, dixitación, etc.
  • Parámetros do son
  • Lectura non convencional e convencional
  • Recoñecemento auditivo aplicado ao instrumento e/ou música gravada
  • Escalas
  • Acordes
  • Enlace harmónico, segmentación e desenvolvemento de acordes
  • Recursos para músicos e/ou acompañantes
  • Recursos estilísticos, creativos e de improvisación
  • Lectura coas notacións e fontes de traballo máis habituais
Clases de piano e teclado

Clases de piano e
teclado para todas
as idades e niveis

As clases de piano e teclado de a Casa do Rock están pensadas para músicos de todos os niveis. Tanto se es un principiante como un experto, temos plans adaptados con obxectivos personalizados para cada grupo.

A partir dunha metodoloxía activa e complementaria, en diferentes niveis avanzaremos conxuntamente co obxectivo de ofrecer unha formación enriquecedora, personalizada e completa.

No nivel básico comezarás co piano e o teclado, explorando tanto o instrumento como o seu son adoptando unha postura axeitada para tocar con comodidade.

Aprenderás os fundamentos da escala diatónica e como aplicar conceptos de dinámica e agóxica nas túas actuacións. Comezarás con melodías sinxelas e pasaxes de man separados, empregando a notación musical básica.

Practicaremos acompañamentos sinxelos onde desenvolverás habilidades de improvisación a través de patróns de pregunta-resposta.

Ademais, adquirirás hábitos de estudo eficaces que che axudarán a progresar de forma consistente.

No nivel medio mellorarás a túa dixitación de pianística e gañarás autonomía na lectura de melodías e acompañamentos.

Cuns coñecementos básicos aprendidos, familiarizarémonos co cifrado americano e traballaremos en escalas maiores e menores, aplicándoas á música que vaias a interpretar. Desenvolverás a túa capacidade de recoñecer intervalos e acordes, e comezarás a tocar melodías sinxelas de oído.

Aprenderás a obter información da partitura e a reinterpretala, utilizando tanto o piano só como con pistas de acompañamento para adaptala a diferentes contextos musicais.

Afondaremos na improvisación, utilizando escalas pentatónicas e de blues, e aplicarás a teoría musical e a harmonía moderna na túa interpretación.

No nivel avanzado especializaraste no recoñecemento auditivo de estilos musicais e no desenvolvemento do comping, tanto harmónico como rítmico.

Aprenderemos a analizar e utilizar recursos estilísticos propios de cada xénero, como licks e frases, para que poidas ampliar as túas habilidades de improvisación con diversas escalas e modos, incluíndo técnicas rítmicas avanzadas. Traballarás na aprendizaxe de temas por grao e a axustar a tonalidade dunha peza segundo o contexto.

Mellorarás a túa lectura de partituras complexas e traballarás con arranxos de Real Book para fomentar a túa creatividade e adaptabilidade en diferentes situacións musicais. Desfrutarás plenamente da interpretación, improvisación e composición musical.