Equipo A Casa do Rock
Quen somos

A Casa do Rock,
Descúbrenos

Fundada en 2011 por dous apaixonados músicos e educadores galegos, A Casa do Rock (ACDR) é un espazo deseñado para aprender e desfrutar da música desde o primeiro día. O noso obxectivo é transmitir a paixón pola música de forma lúdica e a experimentación directa, xa sexa para aqueles que desexan tocar os seus temas favoritos como hobby ou para os que aspiran a unha carreira musical profesional. Aquí, a diversión e a aprendizaxe van da man.

Metodoloxía de
A Casa do Rock

En A Casa do Rock, creemos que aprender música é algo que fas porque queres, non unha obriga. A nosa metodoloxía adáptase aos gustos e intereses de cada alumno, personalizando o programa lectivo e a dinámica das clases.

Asegurámonos de que cada estudante cubra os aspectos técnicos necesarios para o seu crecemento musical.

Clases e
Servizos

A Casa do Rock imparte clases de máis de dez instrumentos, incluíndo guitarra, batería, baixo, canto e piano. As nosas clases son dinámicas e están deseñadas para satisface-las necesidades e desexos cambiantes dos noso alumnado. Ademais, contamos cun estudo de gravación onde ofrecemos apoio técnico para a produción de maquetas e albumes completos. O noso espazo está aberto a todas as idades, desde os 3 ata os 99 anos, porque a música non ten límites.

Logo Rock school

Certificación Rockschool

O rock é a nosa paixón e o que nos une. A Casa do Rock naceu para cubrir o oco na formación musical especializada neste xénero, ofrecendo opcións para todos, dende principiantes ata músicos experimentados. Tamén ofrecemos formación para obter certificacións recoñecidas internacionalmente, como as de Rockschool – RSL Awards, directamente en Santiago de Compostela.

RockSchool, establecida no Reino Unido desde 1991, ofrece titulacións acreditadas en música moderna para guitarra eléctrica, baixo, batería, piano, teclados e voz, con exames de grao desde Debut ata Grao 8. Desde 2017, forma parte de RSL Awards, que inclúe danza, teatro e música. Para máis información, visita RSL Awards.

En A Casa do Rock, preparámoste para estes exames, que son realizados por profesores da RockSchool que veñen desde o Reino Unido. Prepárate para unha viaxe musical que inclúe influencias de diversos xéneros: desde o rhythm & blues, funk, jazz, metal, latin…  A clave é desfrutar de cada nota!

Coñece ao noso equipo
de A Casa do Rock

En A Casa do Rock, o noso equipo está formado por un grupo de músicos apaixonados dedicados a fomentar o entusiasmo pola música.

Cada un dos nosos profesionais achega unha ampla experiencia nas súas respectivas áreas, desde o ensino de instrumentos ata a produción musical.

Unímonos por unha visión común: crear un ambiente inspirador e enriquecedor onde o alumnado poida explorar o seu potencial musical.

O noso persoal combina formación técnica cunha sólida base pedagóxica, o que nos permite ofrecer un enfoque personalizado a cada estudante. Estamos comprometidos co seguimento próximo e o apoio constante, guiando a cada alumno na súa viaxe musical e axudándolles a descubrir novas habilidades e paixóns.

En A Casa do Rock, creemos que a música é unha ferramenta poderosa para o crecemento persoal, e o noso equipo está aquí para acompañarte en cada paso do camiño. Xuntos, faremos que a música cobre vida!