ORIXE E RAZÓN DE SER

A Casa do Rock (ACDR) é un centro de formación e produción musical, un estudo de gravación, tenda de instrumentos, backline e concertos didácticos. Alén diso, ACDR é unha rede de persoas afecionadas á música e o ensino.

¿CÓMO APARECE A CASA DO ROCK?

ACDR nace no 2011 da asociación de dous músicos e mestres galegos coa aspiración de crear un espazo no que poder aprender e divertirse dende o primer día a través da música e da práctica e onde puidesen contaxiar o seu gusto pola música co xogo e coas experiencias directas; un lugar onde ensinar tanto ás persoas afecionadas que suspiran por tocar os seus temas favoritos como un pasatempo como aquelas que buscan poder tocar profesionalmente nun grupo no seu futuro laboral.

O noso obxetivo: pasalo ben aprendendo e aprender tocando.

¿CÓMO TRABALLAMOS?

A nosa ética de traballo é que aprender é un pracer, non unha obriga. ACDR traballa cunha filosofía versátil basada nos gustos e nos intereses musicais de cada alumna ou alumno, polo que adaptamos o programa lectivo e a dinámica das clases a nosa razón de ser, o alumnado, pero sempre asegurándonos de que a selección dos programas cubran os aspectos técnicos necesarios para o seu progreso persoal.

¿QUÉ HAI EN A CASA DO ROCK?

Un equipo composto por persoal especializado en música, aspectos técnicos e pedagoxía que comparten unha visión común e unha vida profesional acorde a música. A rede docente de ACDR fai un seguemento do alumnado xunto co descubrimento de novas destrezas, armonías e mesmo de mundos musicais.

¿QUÉ SE FAI NESA CASA?

A Casa do Rock oferta clases de máis de dez instrumentos (guitarra, batería, baixo, canto, piano…) impartidas cun espíritu dinámico pola ensino cun anos de experiencia en distintos ámbitos, que sempre buscan responder adecuadamente as necesidades e ós desexos do alumnado.
O estudio de gravación e o seu persoal técnico están dispostos a acompañar a quen queira producir dende unha maqueta, a álbums completos e asesoralos no camiño. Todo apto para un público de entre 3 e 99 anos, pois a música non entende de idades.

¿E ISO DO ROCK?

O rock é a nosa orixe, o que nos une. A semente do que comenzou. A Casa do Rock foi o vacío que existía para poder aceder a unha formación musical especializada na vertinte do rock, tanto para persoas con previos coñecementos musicais como para aquelas que carecían delas. Para quen mostra interés en obter un título recoñecido no exterior (Rockschool – RSL Awards, Reino Unido), ACDR ofrece formacións específicas e a posibilidade de examinarse oficialmente para as certificacións de Rockschool en Santiago de Compostela.

A RockSchool é unha organización examinadora establecida no Reino Unido dende 1991 que ofrece titulacións acreditadas en música moderna para guitarra eléctrica, baixo, batería, piano, teclados e voz.  Rockschool ofrece exames de grao desde Debut ata o Grao 8 (equivalente ao grao profesional de conservatorio), así como Diplomas de nivel superior en ensino musical e interpretación (que equivalen ao grao superior de conservatorio e a carreiras universitarias). A Casa Do Rock poderá prepararte para estes exames que serán realizados a final de curso polos profesores da RockSchool, que virán desde Reino Unido.

A partir do ano 2017 pasa a formar parte dun grupo máis grande que engloba (baile, teatro e música) coñecido por RSL awards. Máis información en https://www.rslawards.com/

A Casa Do Rock pode prepararte para estes exames que realizaranse a final do curso por profesores da RockSchool chegados dende o Reino Unido. E posto que o rock mesmo bebe do rhythm & blues, country, folk e da música clásica, todo está musicalmente permitido nesta casa: a crave é gozar da viaxe.