
A nosa escola
de música
Queres aprender música da man de grandes expertos? En A Casa do Rock queremos que crezas como artista, por iso ofrecemos dúas modalidades de ensinanza musical: clases particulares e modalidade oficial Rock School.
Ademais das materias a cursar, os estudante completarán o seu aprendizaxe con masterclass de artistas de renome, talleres e cursos innovadores de profesionais do sector da música.
Aprende en A Casa do Rock
Calendario
En A Casa do Rock, non só ofertamos clases regulares, senón tamén unha variedade de actividades adicionais durante o ano, como talleres, actividades, masterclass e eventos especiais.
Consulta o noso calendario para coñecer os períodos de vacacións, eventos clave e outras fechas importantes.
Clases de música.
En A Casa do Rock tes a oportunidade de aprender a tocar unha gran variedade de instrumentos musicais. Poderás elixir entre 7 instrumentos distintos para todas as idades e niveis, incluíndo baixo eléctrico, batería, guitarra eléctrica, guitarra acústica, piano, teclado e canto.
Descobre máis sobre as nosas clases premendo en cada un deles.
Materias
Ademais das clases de instrumentos, temos unha variedade de materias musicais para unha formación integral. Estas materias complementan a túa aprendizaxe e axudan a adquirir unha comprensión máis profunda da música.
Para todas as idades e niveis, coñece todo o que temos que ofrecer.
Campamentos de música
Os nosos campamentos de música son ideais para xente nova e nenos que desexan unha inmersión educativa lúdica no mundo da música durante as vacacións. A través do xogo e a práctica, os participantes aprenderán sobre instrumentos, ritmo, son e coordinación, promovendo o seu desenvolvemento cognitivo e musical.
Xullo
Intensivo
O programa Xullo intensivo oferta unha oportunidade única para afondar nos teus estudos musicais no mes de xullo. Este curso intensivo está deseñado para aqueles que buscan avanzar rapidamente na súa formación musical ou o para aqueles que no seu tempo libre queiran empezar con ese instrumento que sempre quixeron tocar.

Certificacións
Rock School
A Casa do Rock é un centro autorizado para a certificación de RockSchool, sendo o primeiro en Santiago de Compostela en ofertar unha titulación homologada a nivel europeo.
Visita a páxina web de RockSchool para máis información e descobre como podes certificar o teu talento musical connosco.