Iniciación á música e aos ritmos (3 a 6 anos)

Coas nosas clases de iniciación á música e aos ritmos, en A Casa do Rock introducimos aos máis pequenos no mundo da música. Deseñadas para nenos de 3 a 6 anos, estas clases ofrecen a oportunidade de comezar o teu viaxe musical dunha forma educativa e lúdica.

Iniciación á música

En iniciación musical, os nenos aprenderán conceptos básicos de ritmo, melodía, así como diferentes culturas e estilos musicais, desenvolvendo unha base sólida para futuras clases de instrumento. Estas sesións están orientadas a espertar o interese e a creatividade na música dende unha idade temperá.

Que aprenderás en iniciación á música?

Os nenos desenvolverán unha sólida base musical a través de diversas actividades que potencian a súa capacidade de escoita. Aprenderán a discriminar entre diferentes estilos musicais e culturas do mundo, o que enriquecerá a súa comprensión e apreciación musical. Ademais, formaranse para recoñecer e diferenciar sons de obxectos, animais e instrumentos, o que lles axudará a establecer conexións sonoras no seu entorno. Os máis pequenos da casa tamén se introducirán na lectura rítmica inicial e comprenderán a duración dos sons, preparándoos para a súa futura utilización. A través da práctica, aprenderán a recoñecer valores e figuras musicais e a aplicar estes coñecementos no instrumento. Así mesmo, enfatizarase a importancia de respectar as quendas, o material musical e os seus compañeiros, promovendo un ambiente de colaboración e respecto na aula.

Clases de coro
Clases de coro

Iniciación aos ritmos

Nas sesións de iniciación aos ritmos traballarase coa batería, tendo os primeiros contactos con este instrumento. Coñecerán a súa lectura rítmica e practicarán o uso das baquetas, para familiarizarse con unha boa posición corporal.

Que aprenderás en iniciación aos ritmos?

Os nenos e nenas terán a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo da batería. Aprenderán a establecer un primeiro contacto co instrumento, o que lles permitirá desenvolver unha escoita natural dos patróns musicais. A través de actividades prácticas, os nenos comprenderán a duración dos sons e a súa futura utilización, ademais de introducirse na lectura rítmica básica. Recoñecerán os valores e figuras musicais que lles axudarán na execución no instrumento, mentres que tamén se potenciará o uso adecuado das baquetas, traballando na ergonomía necesaria. Así mesmo, os pequeños bateristas aprenderán a identificar as diferentes partes da batería e a apreciar os elementos e calidades da música, asentando así as bases para o seu desenvolvemento musical futuro.