Linguaxe MUSICAL
1. ¿Qué é a linguaxe Musical?
En A Casa do Rock entendemos a linguaxe musical como a base do entendemento da música. Buscamos entre todos/as as respostas a preguntas tanto comúns como individuais que nos axuden a entender a música como unha linguaxe universal. Unha linguaxe que admite infinidade de posibilidades, tantas como intérpretes e compositores existan. O xeito de ver a música é moi persoal, aínda que para entendernos necesitamos descifrar qué é o que facemos cando tocamos ou que é o que reflexa unha partitura, e esa é a finalidade da linguaxe musical, entender a música.
2. Estrutura
Os contidos estarán estruturados en dous bloques atendendo ás idades e/ou aos coñecementos previos do alumnado:
- Linguaxe Musical Peques (catro cursos)
- Linguaxe Musical Maiores/Adultos (dous cursos)
Os grupos de Peques 1º,2º e 3º serán de media hora semanal, e os de Peques 4º, Maiores/Adultos 1º e 2º de unha hora semanal. Atendendo ás idades e aos coñecementos previos necesarios agruparanse da seguinte maneira:
- Linguaxe Musical Peques 1º. 6-7 anos (idade mínima recomendada)
- Linguaxe Musical Peques 2º. 7-8 anos (idade mínima recomendada)
- Linguaxe Musical Peques 3º. 8-9 anos (idade mínima recomendada)
- Linguaxe Musical Peques 4º. 9-10 anos (idade mínima recomendada)
- Linguaxe Musical Mayores/Adultos 1º. 10-11 anos (idade mínima recomendada)
- Linguaxe Musical Mayores/Adultos 2º. 11-12 anos (idade mínima recomendada)
Haberá contidos que se repitan nos grupos de Peques e Maiores/Adultos, aínda que nas clases de Maiores/Adultos serán vistos con máis profundidade e diferente perspectiva.
3. Metodoloxía
Seguiremos unha metodoloxía marcada polas necesidades do alumnado. Clases participativas nas que o punto de partida sempre sexa o propio interese do grupo, encargándose o profesorado de alimentar ese interese e espertar outras curiosidades enriquecedoras. No caso dos grupos de “peques” traballaremos maioritariamente a partir de actividades lúdicas e con diversos materiais.
4. Obxectivos xerais
- Compartir vivencias musicais entre o alumnado para iniciar a súa relación afectiva coa música.
- Impulsar a creatividade como ferramenta indispensable no estudo de calquera arte.
- Adquirir bases sólidas para o desenvolvemento auditivo, melódico, rítmico, harmónico e formal.
- Desenvolver a capacidade da escritura como elemento da linguaxe musical moi paulatinamente, adaptado a cada nivel.
- Propiciar o emprego dunha terminoloxía musical básica a través dos coñecementos teóricos.