Escola-redondo
Estudio-redondo
Tenda-redondo

A Casa do Rock é unha empresa de formación e produción musical

Dispoñemos dunha escola de música moderna especializada en rock, estudio de gravación, tenda de instrumentos, backline, selo discográfico, concertos didácticos e organizamos eventos musicais.

Os nosos cursos para verán

Durante o mes de Xullo A Casa do Rock ofrécevos os cursos intensivos de Verán.

Horario:
Mañáns – Luns a venres de 09:00 a 14:00
Tardes – Luns a mércores de 16:00 a 21:00

Neste curso intensivo temos unha oferta especial con descontos ata do 25% na mensualidade a partir de 6 horas, 8 horas e 10 horas e sen matrícula!!!
+ INFO

O ACDR Camp é un campamento musical de rock onde temos como obxectivo principal que os/as mozos/as vivan o mundo da música, proporcionándolles un espazo no que poden compartir cancións, lecer, natureza e moitas actividades máis.

O campamento ten lugar nas instalacións do monte do Gozo, na contorna de Santiago de Compostela, durante o mes de xullo.

+ INFO

O Campamento Musical Urbano de A Casa do Rock ten lugar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. As actividades que plantexamos teñen como obxectivo principal achegar o mundo da música aos cativos a través do xogo, traballando o desenvolvemento corporal e intelectual mediante a aprendizaxe do ritmo, o son, a entonación e a coordinación. De cada actividade, os pequenos músicos sustraerán un concepto e unha práctica realizable por eles/as mesmos/as. 
+ INFO

O Obradoiro Intensivo de Teatro Musical busca dar a coñecer todos os pasos para unha montaxe teatral: dende a idea á montaxe final, pasando pola creación da historia, dos personaxes, a elección musical, o vestiario…

Visitaremos os números musicais máis recoñecidos, escolleremos as cancións, crearemos os personaxes e as emocións que nos permitan conectar coa historia que queremos contar.
+ INFO

Icono Novas

NOVAS