Carmen Rey Obradoiro Canto

Obradoiro de Canto e técnica vocal moderna a cargo de Carmen Rey o vindeiro Sábado 14 de Abril en A Casa do Rock.

Obradoiro de técnica vocal moderna

1- Respiración, estiramentos e afinación:

-Traballaremos exercicios básicos de respiración diafragmática e o apoyo

-Exercicios de estiramentos para que os nosos músculos estean a punto para a fonación

-Exercicios de afinación para mellorala á hora de interpretar as nosas cancións

-Coñecemento dos bos e malos hábitos que afectan a nosa voz.

2- Vocalización:
-Exercicios de fonación que nos farán ser conscientes de donde resoa a nosa voz, de non forzala e de coñecer a nosa tesitura e coloración da nosa voz.

3- Improvisación:
-No apartado de improvisación traballaremos, a fluidez da nosa musicalidade e a superar medos e inseguridades que en moitas ocasións limítannos.

4- Interpretación:
-Se dispoñemos de tempo, o que queira poderá interpretar algunha canción, e sobre a marcha “intentar” correxir posibles problemas, ben sexan de técnica, ben sexan recursos estilísticos, ou calquera problema que se poda plantexar.

Non volo podedes perder!!!

+Info do Evento: 
https://www.facebook.com/events/206070573281060/

+ Info sobre #Carmen #Rey na súa web: http://www.carmenrey.es/

Duración: 3 horas
Horario:16.00h a 19.00h
Para todos os niveis 
Entradas a venda en recepción
As prazas son limitadas, non o deixes pasar.
Prezo: 30€

Reservas: acasadorock@acasadorock.com / 881979660


CARMEN REY – Biografía

Estudou harmonía, piano e violín no conservatorio superior da Coruña.
Estudou harmonía moderna, piano e improvisación no Estudio Escola de Santiago de Compostela.
Gaña unha bolsa de estudos pola AIE que lle permite ampliar os seus coñecementos na Escola de Música Creativa en Madrid, técnica vocal e improvisación.
Ten dous niveis feitos de Voice Craft con Robert Sussuma, así como diferentes talleres de improvisación e técnica vocal con diferentes profesores.
Comezou o seu papel como vocalista, coa axuda de Nani García no “Filloa” santuario do jazz na Coruña. Tamén compartíu escenario con músicos como Brian Trainor, Jorge Pardo, Perico Sambeat, Jeff Jerolamon, Richie Ferrer, Roberto Somoza, Tom Gullion, Baldo Martínez, Kenny Wheeler, Clunia Jazz, etc.
Na escena musical galega colabora varios anos nos directos de Xosé Manuel Budiño,nos directos de Emilio Cao e como vocalista da “Adrián Saavedra Band” e “José Somoza Big Band”. Grava un dúo “Preciso tempo” no primeiro traballo de Xabier Díaz “Músicas de Salitre” e tamén un tema “No Mar” do disco infantil “Tic-Tac” de Pablo Díaz, xunto a este artista grava tamén como pianista e vocalista o disco “xente miúda moita fartura”. Grava a dúo con Ainhoa Arteta o tema principal do filme “DeProfundis” de MiguelAnxo Prado, a banda sonora foi composta por Nani García. E ten editado un vinilo co DJ Ino, sendo coautora da composición.
Participa como convidada ou colaboradora en varios programas da TVG relacionados coa música.
No 2002, gravou o seu primeiro disco “FUERA” con Xingra.com contando con Nani García como produtor musical. No 2005, rompe os seus vínculos coa súa discográfica, e recolle a súa dirección musical, o resultado é o seu álbum “MEU”, que chega á rúa no 2008 e que recibe moi boas críticas por parte dos medios de comunicación. En Decembro do 2016, e coa mesma formación grava o seu último traballo …mañá…

Actualmente lidera diversos proxectos, o seu propio “Carmen Rey Grupo”; un coro vocal “Sisters in the house” como directora e arranxista, composto por 20 voces femininas; o trío “Gospel 3”; e un cuarteto vocal feminino chamado “Ejazz” tamén a cargo da dirección e arranxos co que gañou o Premio da Música Martín Códax no ano 2017.
Combina toda esta actividade ca súa faceta de profesora de canto, improvisación e linguaxe musical que leva desenrolando dende hai moitos anos.