Galicia Drum Camp – Francesco Finch Russo

Galicia Drum Camp - Francesco Finch Russo

Galicia Drum Camp – Francesco Finch Russo

Galicia Drum Camp a cargo de Francesco Finch Russo o vindeiro 12 ou 13 de maio en A Casa do Rock.

PROGRAMACIÓN:

SÁBADO ou DOMINGO de 16:00-20:00

-Introdución ás técnicas da man: German / French / Traditional
-Warm Up e Bpm lento para entender ben o movemento e o espazo entre as notas e o silencio.
-Endurance sobre os rudimentos: elíxense algúns rudimentos, faise un esquema de traballo de 5 minutos cada rudimento, e faise o todo por 20/25 minutos con bpm.
-Contar

– Lectura
– Orquestración dunha lectura: diferentes formas de tocar a mesma lectura.
– Orquestración dun rudimento en endurance (Pad e Batería)
– Orquestración dunha polimetría en endurance (Pad e Batería)

-Warm Up
-Subdivisión binaria e ternaria entre 8 / 16 / 32
-Improvisación binaria e ternaria
-Cada un terá que crear unha frase ou un fill e tocala no propio drumming

-Cómo abrir a mente e mellorar o feeling (mente e corpo) para tocar diferentes estilos de música.
– A Arte de Escoitar.
-Improvisación en directo con Baixo e Piano: elixir entre unha pequena lista que imos facer, o tema favorito e tocalo con formación Drum / Key / Bass, incluso un pequeno drum solo. NB Cada un no seu propio nivel pode facelo e interpretalo.

Horarios (a elexir un):
Sábado de 16:00 h a 20:00 h
Domingo de 16:00 h a 20:00 h

Prezos:
Alumnado ACDR 40€u
Alumnado externo 50€
Opción de clases individuais privadas con Finch: 30€/1h previa cita. Posibilidade: Venres, Sábado e Domingo

Para tódalas idades e niveis.

Prazas limitadas, posto que  cada batería terá un pad de práctica, sillín e un kit de batería para realizar os exercicios das clases

Entradas á venda en recepción.
As prazas son limitadas. Non o deixes pasar.
Reservas: acasadorock@acasadorock.com / 881979660

+ Info do evento: https://www.facebook.com/events/180186612681811/

+ Info de Francesco Finch Russo:

http://www.sonor.com/artists/francesco-finch-russo/

https://zildjian.com/artists/francesco-finch-russo