Información Festival Fin de Curso
Queridas familias o sábado 15 de Xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso.
Parécenos IMPORTANTE recordarvos o que tedes que traer ese día:
1º PARTITURA, os/as que a precisedes.
2º Guitarristas e baixistas o voso INSTRUMENTO e se tocades de pé non esquezades a CORREA.
– NOTA: Se non tedes guitarra ou baixo e precisades un da escola, enviade un correo electrónico a: acasadorock@acasadorock.com
* É necesario avisar a escola polo menos, con dúas semanas de antelación por motivos organizativos.
3º Baterías traede as vosas BAQUETAS.
A CASA DO ROCK levará todo o demais: pianos, baterías, banquetas, taburetes, alzadores, pés de guitarra, afinadores, jacks, amplificadores, monitores, atriles, sillas, soportes…
ACCESOS E MOVEMENTO NO RECINTO (Achegamos plano)
– O alumnado debe presentarse 30 minutos antes da súa actuación no 1 ACCESO ALUMNADO. No caso de chegar antes da hora de recepción prevista deberá estar coa familia ata esa hora (podendo acceder polo 2 ACCESO PÚBLICO e desfrutar do espectáculo).
– As BANDAS disporanse por orde no lateral esquerdo do escenario na bancada a pé de pista.
– As INICIACIÓNS disporanse no lateral dereito do escenario a pé de pista.
– Ao remate da actuación a familia esperará ao alumnado na bancada (5)
– No caso de tocar en máis dun tema o alumnado sairá do escenario cos compañeiros/as e a familia recollerao na bancada (5). Aos 30 minutos antes da seguinte actuación que lle toque deberá volver a facer o acceso como a primeira vez, polo 1 ACCESO ALUMNADO.
– GUITARRISTAS unha vez rematada a actuación non saen inmediatamente para o hall, se non que volven directamente do escenario para o espazo reservado para as fundas. Unha vez enfundado o instrumento saen para o hall e reúnense coa familia.
Agradecémosvos que nos fagades chegar calqueira cuestión que vos inquede para ese día.
Moitas grazas por todo.
Un saúdo