O noso alumnado celebra o fin de curso da maneira máis especial, tocando diante das súas familias, amizades e compañeiros/as.
Tras dous anos sen poder celebralo, o noso alumnado fará vibrar ao público asistente.
Xornada de mañá 12:00 a 14:00
Xornada de tarde 16:30 a 18:30
Consulta os horarios de tódolos temas premendo no seguinte enlace:
HORARIOS
As entradas para o Festival poden mercarse a través do seguinte enlace:
ENTRADAS
Consulta o protocolo de acceso a instalación:
ACCESO
Por motivos de aforo, ata o venres 10 de Xuño, cada persoa poderá optar á compra de 2 entradas asociadas a un/ha alumn@ da escola. A partir do día sábado 11 procederase á venda do resto de entradas, sen ningún límite de compra.
As entradas pódense mercar por anticipado na web a prezo reducido:
Entrada de mañá ou tarde 5€
Entrada xornada completa 8€
Ou na taquilla* (só efectivo) o día do evento cos seguintes prezos:
Entrada de mañá ou tarde 7€
Entrada xornada completa 10€
Os beneficios do festival doaranse para Asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Grazas a esta colaboración, Asanog consegue recursos que lle permiten desenvolver programas de investigación e axudar aos doentes máis pequenos.
Entrada de balde para menores de 3 anos e persoas con mobilidade reducida.