Campamento Nadal

No Campamento Musical Urbano de A Casa do Rock as actividades que propoñemos teñen como obxectivo principal achegar o mundo da música aos nenos e nenas a través do xogo, traballando o desenvolvemento corporal e intelectual mediante a aprendizaxe do ritmo, o son, a entoación e a coordinación.
Grazas ao desenvolvemento da linguaxe musical os nenos e nenas experimentarán en capacidades vinculadas á percepción, o canto, o movemento corporal, a manipulación dos elementos musicais, a creación, etc.
De cada actividade, os pequenos músicos subtraeran un concepto e unha práctica realizable por eles e elas.

 

 

ACTIVIDADES

• Coñecer os estilos máis significativos da música moderna e algúns referentes clásicos de bandas nacionais e internacionais.
• Distinguir instrumentos clásicos e modernos e a súa manipulación e desfrute cos mesmos.
• Traballar o pulso con cancións coñecidas.
• Utilizar a percusión corporal como instrumento na expresión de pequenas lecturas rítmicas.
• Crear secuencias de movementos a través da expresión corporal a partir das sensacións que lles xera a música.
• Acompañar unha peza musical tocando os instrumentos da aula ( baterías, guitarras eléctricas e acústicas, teclados, timbais, pequena percusión…)
• Ser quen de distinguir e identificar sons, voces, instrumentos…
• Xogar coa discriminación de sons:
• Primeiro distinguir entre dúas voces e dous instrumentos.
• Segundo identificar eses sons.
• Terceiro identificar sons que soan á vez.
• Distinguir as características principais de cada estilo.
• Respectar todos os estilos e os gustos dos compañeiros/as.

OBRADOIROS

• Creación de artesanía para o recoñecemento da figuración musical, fabricar pequenos instrumentos con materiais de refugallo elaboración de chapas personalizadas…
• Aplicar os coñecementos das partes dos instrumentos na súa manipulación.
• Interpretar pequenas pezas musicais creando o seu propio grupo na aula.

 

 

LOCALIZACIÓN

Rosalía de Castro 33 – Santiago de Compostela

Campamento Nadal 2020
« 2 de 4 »