Poster ACDR Curso 2016/17

Foto da aula de guitarra da escola de musica A Casa Do RockAula da escola de musica de pianos e guitarra acustica.Aula de harmonía, lenguaje musical da escola de musica A Casa Do Rock

A Casa do Rock é unha empresa de formación e produción musical.

Dispoñemos dunha escola de música moderna especializada en música rock, un estudio de gravación, selo discográfico, unha formación de profesores para concertos didácticos e organizamos eventos musicais. Naceu co obxectivo de ofrecer unha formación de calidade e os servizos necesarios para axudar ós músicos afeccionados, a labrarse unha carreira no mundo da música. A nosa filosofia principal é que se pode aprender sen deixar de disfrutar da música.

Ademáis somos o primeiro centro oficial RockSchool en Santiago, podendo así ofertar unha titulación homologada a nivel europeo para completar os teus estudios musicais.

O prazo de inscrición xa está aberto para os exames de Rock School e as distintas materias que impartimos en A Casa do Rock. Se queres matricularte podes achegarte a Rosalía de Castro 33 en Santiago de Compostela, ou ben realizar a inscrición online. Convidámoste a que te unas a este proxecto que busca conseguir achegar a todo o mundo á música. Se tes calquera pregunta non dubides en poñerte en contacto con nós.

puas da escola de musica acdr de Santiago de Compostela