Xuño – Volvemos a clases presenciais!

Primeiro de todo mandarvos unha enorme aperta por estes tempos difíciles que estamos a vivir e desexarvos que esteades tod@s ben.

Dende A Casa do Rock queremos dar moito ánimo e forza para seguir adiante!!!

Temos previsto a reapertura mércores 27 maio cun ⚠️aforo reducido do 30%.

Para iso precisamos seguir un protocolo de funcionamento dentro da escola, o cal explicamos neste vídeo.

NORMAS DE ACCESO E FUNCIONAMENTO:

➡️– Entrará o alumnado sen acompañantes, salvo os máis pequenos que poden ser acompañados por un adulto

➡️– Para evitar aglomeracións a entrada realizarase por Rosalía de Castro nº33 (acceso por escaleiras) e a saída polas Galerías que dan a Rúa Nova de abaixo (esta saída das galerías tamén volve a Rosalía de Castro subindo un piso)

➡️– Tomarase a temperatura na entrada cun termómetro infravermello, non permitindo a entrada a quen supere 37,5 ºC.

➡️– Será obrigatorio o uso de máscara. O alumnado traerá posta a súa propia máscara, a cal ten que utilizar mentres permaneza no centro.

➡️– O alumnado ten á súa disposición na entrada, na aula e na saída xel hidroalcóholico para a desinfección das mans. Será obrigatorio o seu uso na entrada e na saída do centro.

➡️– O alumnado traerá os elementos necesarios para a realización da clase: baquetas, púas, carpeta, bolígrafo, guitarra ou baixo no caso de dispoñer de instrumento propio.

➡️– Non se usará a sala de espera.

➡️– Hai marcas de distancia sinalizadas no chan indicando onde permanecer á espera.

➡️– Os pagos realizaranse por domiciliación.

➡️– Para atención ao público máximo unha persoa na recepción. Os demais agardarán na marca sinalada.

➡️– No caso de clases colectivas de moito alumnado como: music production, combo, coro, iniciación á música e ritmos, teatro musical; imos ser precavidos e que as autoridades sanitarias nos permitan abrir con máis aforo e unhas medidas de prevención adecuadas.

➡️– No caso das clases de “canto”🎤 tras tomar todas as medidas oportunas, a nosa empresa de riscos laborais deunos a súa aprobación para retomar as clases presenciais, sendo esta materia a única onde o uso de mascarilla non é obrigatorio.

➡️– Consultas preferentemente por correo electrónico ou telefonicamente: acasadorock@acasadorock.com ou 881 97 96 60

🤩 Darvos as grazas unha vez máis pola confianza, pola forza que nos dades para seguir adiante !!! Estamos desexando que todo se normalice e volver a dar caña, facer festivais, eventos e desfrutar da música !!

Temos moitas ganas de vervos a tod@s !!

Un abrazo moi grande de todo o equipo dA Casa Do Rock !!!

Facendo canteira dende 2011