Termos e condicións
- A inscrición realízase a través do link web correspondente en acasadorock.com
- Datos a incluír no formulario:
- Datos do neno/a que vai participar nas clases: nome, apelidos, data de nacemento, teléfonos de contacto e correo electrónico de contacto.
- Datas nas que se inscribe
- No caso de que o neno/a presente algunha intolerancia, enfermidade, alerxia ou outro dato significativo deberá indicalo. En caso afirmativo, indicará as medidas necesarias a tomar, indicacións no caso de ter que subministrar medicación e informe médico.
- Nome, apelidos e DNI das persoas autorizadas para a recollida do neno/a.
- Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Autorización para realizar saídas ao exterior acompañado/a dos docentes e persoal do centro.
- Condicións de pagamento:
- O prezo inclúe un docente por cada 15 alumnos/as (suxeito a cambios pola normativa vixente), programa de actividades lúdicas, material, seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
- O prezo non inclúe merenda por precaución alimentaria (traer de casa)
- O pago será por anticipado do 100% do importe total. Este anticipo non será reembolsable.
- No caso de que se precise cambiar de horario ou cancelar a reserva do campamento, deberá comunicarse con 15 días de antelación.
- Dereitos de imaxe: deberá indicar se autoriza ou non a A Casa do Rock Escola SL ao uso comercial dos datos persoais propios así como dos datos dos menores ao seu cargo (de ser o caso), facilitados dentro da relación comercial e para poder publicar imaxes/vídeos na páxina web, instalacións do centro de traballo e perfís socias (Facebook, Instagram, Twitter…) das actuacións en concertos e actividades organizadas pola nosa empresa
- Tratamento de datos de clientes e alumnado: Responsable: A CASA DO ROCK ESCOLAS SL- NIF: B70320320. Dir. Postal: Av/Rosalía de Castro 33 CP:15701 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 881979660 Correo electrónico: acasadorock@acasadorock.com.
Tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado, realizar a facturación do mesmo e xestionar a relación académica. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial-académica ou durante os anos precisos para cumprir coas obrigas legais, en virtude da cal se lexitima o tratamento. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal ou sen a súa expresa autorización. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se A CASA DO ROCK ESCOLA, S.L. trata os seus datos persoais, polo tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos, solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios, exercer o dereito de limitación, portabilidade ou oposición ao tratamento. Pode exercer os seus dereitos mediante escrito dirixido a Rosalía de Castro 33 C.P.15701 Santiago de Compostela (CORUÑA) ou por correo electrónico a acasadorock@acasadorock.com. A CASA DO ROCK ESCOLA S.L. comprometese a dar resposta a súa solicitude no prazo dun mes ampliable a 3 por motivos xustificados. Pode exercitar as súas reclamacións ante a autoridade de control, Agencia Española de Protección de Datos, en C/ Jorge Juan, 6. 28001–Madrid.


