Teatro musical intensivo
O camiño á expresión libre da nosa creatividade pasa por un maior coñecemento de nós mesmos, pola comprensión do noso corpo como un elemento aglutinador de diferentes realidades, emocionais e físicas. O alumno do Teatro Musical de A Casa do Rock pódese sentir así protagonista da súa propia historia e crear un diálogo co mundo e co seu propio interior.
A xornada de Teatro Musical intensiva busca dar a coñecer todos os pasos para unha montaxe teatral: desde a idea ao montaxe final, pasando pola creación da historia, dos personaxes, a elección musical, o vestiario…
Visitaremos os números musicais máis recoñecidos, escolleremos as cancións, crearemos os personaxes e as emocións que nos permitan conectar coa historia que queremos contar.

Actividades
que
realizamos
Para as creacións, pretendemos que o alumnado comprenda o funcionamento de todas as partes que conforman a montaxe, non só a propia interpretación, aprendendo tanto nocións escenográficas como de vestiario e atrezzo.
A continuación, detallamos as principais actividades e obxectivos:
é o espazo ideal para que os máis pequenos descubran o universo musical, fomentando tanto a aprendizaxe práctica como a apreciación e respecto polos diferentes xéneros musicais.
Obradoiro
O noso campamento de teatro musical inclúe a montaxe dunha obra teatral:
Ao final do curso presentaremos unha/s pequena/s pezas do aprendido nas xornadas
O contacto co público é fundamental para completar as ensinanzas do código teatral. Ao final do curso presentaremos unha/s pequena/s pezas do aprendido nas xornadas. Ao comezar as clases faremos un calentamento e exercicios onde exploraremos o movemento corporal e as súas posibilidades como elemento expresivo, así como o corpo, a voz será educada como elemento importante á hora da libre expresión aprendendo a proxectala no traballo actoral.
O contacto co público é fundamental para completar as ensinanzas do código teatral.
Datas
e horarios
O prezo inclúe:
Horario
de 10:00 a 14:00
Xullo
do 1 ao 5
Idades
de 13 a 17 anos
2024/2025 | PACK COMPLETO |
---|---|
ALUMNADO (MÁXIMO 20 PERSOAS) | 250 € |
Ubicación
Edicicións anteriores
Aquí poderás explorar a galería de fotos que captura a esencia das nosas pasadas edicións do campamento de teatro musical de A Casa do Rock.
¡Descubre o que creamos xuntos e déixate abraiar co talento e a paixón dos nosos pequenos músicos!
2023