Texto Team-building Logotipo A Casa do Rock a-casa-do-rock-slider-fondo-team-building-1-scaled

Team Building Musical
A Casa do Rock

As dinámicas prácticas e creativas do team building musical que ofrecemos en A Casa do Rock axuda a xerar un ambiente de traballo máis harmonioso e enriquecedor, onde a música se converte nun vehículo de unión e mellora no contorno laboral.

Por que
facer un
team
building
musical?

Mellora a comunicación

Mellora a
comunicación

As actividades en equipo melloran os patróns de comunicación nun 50%, como o sinala o artigo de Harvard Business Review, “The New Science of Building Great Teams”.

Reduce o illamento e aumenta a produtividade

Reduce o
illamento e
aumenta a
produtividade

Segundo George Horace Gallup, un recoñecido periodista e estatístico estadounidense, o illamento pode afectar a produtividade ata nun 21%. As experiencias de team building axudan a crear conexións persoais e un contorno de traballo cooperativo e motivador.

Promove o sentido de pertenza

Promove o
sentido de
pertenza

Investir na cohesión de equipo fomenta a retención de talento, xa que o 37% dos empregados cree que traballar nun equipo forte é clave para a súa permanencia nunha empresa.

Fomenta as conexións persoais

Fomenta as
conexións
persoais

Máis da metade dos empregados non se senten conectados persoalmente cos seus compañeiros de traballo. O noso team building musical rompe esas barreiras e promove unha comunicación máis persoal e significativa.

Obxectivos do
Team Building
Musical

A través do team building musical que ofrecemos en A Casa do Rock utilízase a música como vehículo para fomentar a comunicación, a colaboración e o traballo en equipo. Os obxectivos centráronse en:

Mellorar a interacción e aumentar a cohesión no lugar de traballo.

Desenvolver novas ideas e solucións.

Crear un contorno de confianza e lealdade cara á empresa.

Fomentar un ambiente colavorativo.

Estrutura do
Team
Building Musical

1.Indicación e guía dos facilitadores:
Introdución ás actividades e pautas para a composición musical.

2.Composición en equipo:
Cada grupo participa na creación dunha peza musical, pasando por fases de creatividade, apoio e esforzo.

3.Reflexión e feedback:
Avaliación grupal e persoal de cada composición, promovendo a autocrítica e mellora.

4. Posta en escena:
Presentación das composicións por cada equipo, cunha valoración de creatividade e esforzo.

5. Plan de acción persoal:
Reflexión sobre habilidades que se van mellorar e establecemento dun plan de acción.

Estrutura do Team Building Musical

Facilitadores

Nelly Rey Rey

Nelly
Rey Rey

  • INTERIM MANAGER con expertise en estratexia empresarial, desenvolvemento de liñas estratéxicas de negocio. Desenvolvemento e intervención de liderado de alto rendemento. Consolidación e profesionalización de pequenas empresas, empresas e cooperativas. Emprego de metodoloxías áxiles con equipos de traballo.

  • DIRECTORA de Programas de liderado.

  • MENTORA en programa de mellora para pimes e autónomos.

  • Dirección de PROGRAMAS INTERNACIONAIS en América Latina
  • “Negocios de Familia” 2020 TVG e “Cuestións persoais” TVG 2016
Adrián Hernández Fernández

Adrián Hernández
Fernández

  • DIRECTOR – A Casa do Rock dende 2011 – Empresa de formación e produción musical.

  • MÚSICO – Realización de máis de 500 concertos en toda Europa e Sudamérica. Gravación de 6 discos de estudo e 2 DVDs en directo.

  • DOCENTE – Impartindo desde 2011 clases de batería en A Casa do Rock.

  • MENTOR – No programa “Xuventude Mentoring” 2023 Ed. del CIXUG.