Presentación Macroactuación

Cartel Política Lingüística

O próximo 24 de setembro, A Casa do Rock será a encargarda de poñer o peche das actividades que durante os últimos meses o festival Go!Go!Zo! foi programando. Para o desfrute dos asistentes, contará cunha macroactuación aberta para tod@s os músic@s que queiran participar; ademáis dun festival de combos, nos que tamén participarán as escolas Rock School de A Coruña e Zetta de Vigo.

A presentación do acto tivo lugar no edificio da Secretaria Xeral de Política Lingüística na Rúa de San Roque. Contou coa presencia do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do secretario xeral de política lingüistica, Valentín García; o presidente do Banco de Alimentos de Santiago, José Pita; cun dos organizadores do Go!Go!Zo, Julio Asorey e cos fundadores de A Casa do Rock, Adrián Hernández e Alejandro Melchor; xunto con dous profesores da escola, Beatriz Mazaira e Héitor Pose.

Ademáis de realizar o peche do Festival, A Casa do Rock participará na xornada solidaria de recollida de alimentos, o domingo 17 de setembro, cun concerto didáctico para os máis cativos da casa, que contará con entrada gratuíta para tódolos asistentes.