TEMA 16. A dramatización como xogo musical coordinador dos distintos tipos de expresión. Dramatización de cancións infantís e populares. Criterios para a selección de cancións dramatizables. Participación e improvisación instrumental na dramatización.
TEMA 17. O desenvolvemento da voz como instrumento de expresión musical. Metodoloxía e recursos didácticos da técnica vocal: respiración, articulación, entoación, resonancia. A tesitura vocal en Educación Primaria. A voz do profesor de música: importancia do seu coidado e mantemento.
TEMA 18. Os instrumentos musicais escolares. Familias de instrumentos. O corpo como instrumento. Agrupacións instrumentais. Instrumentos da música actual. Instrumentos de construción propia. Uso da electrónica e informática musical.
TEMA 19. A práctica instrumental. Criterios de selección e sistematización do repertorio instrumental en Educación Primaria. Obxectivos e contidos da actividade instrumental na aula. Metodoloxía e recursos didácticos no proceso do ensino e aprendizaxe dunha peza instrumental.
TEMA 20. A discriminación auditiva. Recursos didácticos de exploración e investigación sonora. O desenvolvemento da percepción auditiva: altura, duración, intensidade, timbre e forma. Técnicas e métodos.