Novas medidas publicadas no DOG, pasamos a Online a partir de hoxe 27 Xaneiro

Bo día,

Onte á noite foi publicado no DOG que ata o 17 febreiro se suspende temporalmente toda actividade presencial nas escolas de música, por iso hoxe mesmo comezamos as clases ONLINE.

Iniciación á música, iniciación aos ritmos e teatro musical recibiredes un vídeo no voso email ao longo da semana. Ímonos a poñer en contacto con todos para organizar as diferentes opcións para estas clases.

O resto de materias (linguaxe musical, piano, baixo, guitarra, batería, canto e produción musical) pasan todas a online no mesmo día, mesma hora e mesmo/a mestre/a.

As clases de Combo son as únicas que quedan suspendidas ata que se podan retomar de forma presencial.

Como moitos/as xa asististes á modalidade online, xa coñecedes o procedemento. A todos/as os/as novos/as invitámosvos a que probedes. Son clases nun formato distinto pero o máis importante é a continuidade na aprendizaxe do noso alumnado, e a constante evolución no instrumento. O ano pasado moitos/as vivistes un paro de marzo ata setembro, non queremos que este ano sexa así. Probade e valorade as clases online.

Traemos unha boa nova: A Casa do Rock xa conta cunha tenda de instrumentos: Tenda online 
https://goo.gl/maps/bn5im12QvGxMoJiXA

Temos dúas opcións interesantes para todos/as aqueles/as que aínda non tedes instrumento e o precisades para desfrutar das vosas clases online.

1ª opción (só para o noso alumnado): podes mercar un instrumento e pagalo en 3 meses sen intereses.

2ª opción: arrendamento con opción a compra. + info na web:
http://shop.acasadorock.com/aluguer-con-opcion-a-compra

Darvos as grazas unha vez máis pola confianza, pola forza que nos dades para seguir adiante!!!

Un abrazo moi grande de todo o equipo da Casa Do Rock!!!