A masterclass sobre GRAVACIÓN está estruturada de modo que o alumno avance desde os conceptos iniciais necesarios para comprender todos os procesos empregados no campo da gravación profesional, sempre desde un punto de vista teórico/práctico.
Nesta masterclass, contaremos con músicos profesionais, e gravaremos unha estrutura dunha canción, con diversos instrumentos musicais: acústicas, voz, percusión… nos que profundaremos coñecementos acerca de microfonía, acústica, colocación, técnicas stereo Etc… Tal e como a fariamos na vida real do estudo, só que explicando cada paso e cada proceso.
O obxectivo da masterclass é prover ao alumno dos coñecementos e ferramentas necesarias para poder afrontar unha gravación con éxito nas circunstancias que sexan.