Masterclass de Batería José A. Pereira

Masterclass de Batería a cargo de José A. Pereira o vindeiro Sábado 7 de abril en A Casa do Rock.

Cómo ser mellor músico dende a batería:

– Tempo e groove
– Son
– Breaks, fills
– Conclusións

 

+Info sobre Jose Antonio Pereira na sua web: https://joseantoniopereira.com/

+ Info do evento: https://www.facebook.com/events/124879158335765/

 
Duración: 2 horas
Horario: 16:00 h – 18:00 h
Para todos os niveis
Entradas á venda en recepción.
As prazas son limitadas, non o deixes pasar
Prezo: 10€ alumnado ACDR / 15€ externos
Reservas: acasadorock@acasadorock.com / 881979660

 

Biografía:

José Antonio Pereira é batería profesional de estudo e directo. Tamén desenrola unha intensa actividade docente na súa escola “La Baquetería”. Entre as bandas e artistas cos que Pereira traballou encontranse; Carlos Baute, Savia, Jorge Salán, Tamara, Merche, Tennessee, Nacho Cano, Inhumanos, Lucía Gil, Los Lunes, Dani Flaco, Chema Vilchez, Javier Pitera, Amistades Peligrosas, Cristina del Valle, Banana Funkoca e Danger.

Colaborou con diversas revistas do sector como Batería Total ou Todo Percusión e patrocina as seguintes marcas; Zildjian, Sonor, Evans, Wincent, Cympad y Sarai Custom Drums.

Biografía detallada:

2016 – Xira española Carlos Baute, Xira Dear Audrey (Vodafone Yu)

2015 – Xira española Carlos Baute, actuación en Leyendas del Rock con Jorge Salán. Actuacións con Danger.

2014 – Xiras de Carlos Baute e Tamara e actuacións con Merche. Actuación no cruceiro Pullmantur polo Caribe con Carlos Baute e xira arxentina en outubro e decembro. Gravación e presentación do disco “Versos y madera” de Dani Flaco.

2013 – Gravación e presentacións do primeiro disco de Lucía Gil. Presentacións do disco “En el buzón de tu corazón” de Carlos Baute. Gravación do disco de Danger “Rescue 1989”.

2012 – Xira latinoamericana de dous meses con Carlos Baute actuando en Arxentina, Bolivia, Chile, Ecuador, Colombia e Venezuela en prazas como o teatro Gran Rex y Luna park. Realiza un curso de batería patrocinado pola Caixa de Burgos en dita cidade.

2011 – Actúa no festival Viña del Mar de Chile con Carlos Baute. Comeza a traballar coa cantante Tamara. Xira de verán de Carlos Baute.

2010 – Realiza parte da xira nacional do musical “Forever King of Pop”. Xira con Judith Mateo – Jose Carlos Molina. Actuacións con Carlos Baute.

2009 – Xira “Colgando en tus manos” de Carlos Baute. Gravación do DVD en directo da xira e actuación en Caracas, Venezuela.

2008 – Xira de verán con Carlos Baute. Gravación do disco “Fragile” de Savia. Xira de presentación de baterías Mapex e Sonor xunto a batería Kiki Tornado en varias cidades españolas.

2007 – Entra a formar parte do grupo Savia cos que realiza algunhas actuacións polo país. Actuación con Carlos Baute no cruceiro Queen Mary II en travesía dende Inglaterra ata Nueva York.

2004 – 06 – Xiras con Carlos Baute. En 2005 inaugura a súa propia academia de batería “La Baquetería”.

2003 – Actuacións con Amistades Peligrosas, Merche e Garret Wall. Participa no 3º encontro de baterías de Valencia.

2002 – Realiza unha demostración para Mapex presentando o modelo Deep Forest. Actúa na presentación do disco en solitario de Pepe Sánchez. Imparte clases maestras para a escola I.M.T. en Canarias e Cantabria.  Acompaña ao guitarrista Francisco Simón nalgúns seminarios que éste ofrece. Durante un par de anos imparte clases na escola Johnny Guitar Studio de Guadalajara.

1998 – 2003 – Traballa co grupo Camela xirando por toda España. No ano 2001 actúa en Santiago de Chile frente a miles de persoas. No ano 2000 xira co grupo “Los Lunes que quedan” presentando o terceiro disco da banda.

1997 – Xira co grupo orquesta Nuevo Traffico.

1996 – Actúa con Nacho Cano nunha festa benéfica en La Riviera de Madrid e no festival da Unesco celebrado no Zenith de Paris, Francia.

1995 – Comeza a impartir clases de batería na escola I.M.T. de Madrid. Esta actividade duraría ata o ano 2005. Xira co grupo orquestra Alcotán. Acompaña ao guitarrista de fusión Chema Vilchez nas presentacións do seu primeiro traballo “El sueño del navegante”.

1992 – 1993 Xira co grupo de Pop Los Lunes e forma a banda Banana Funkoca con Fernando Montesinos e Luis Miguel Navalón.

1991 – 1992 Acompaña ao cantante Carmelo (Década Prodigiosa) na presentación do seu disco en solitario. Posteriormente toca coa banda de rock Hiroshima cos cales actúa nun festival en Montpellier.

1989 – Coa banda de Hard Rock Danger gaña a final nacional do concurso Yamaha Band Explosion. Viaxa a Tokio (Japón) para participar na final mundial donde estaban Bon Jovi e Joey Tempest como parte do xurado.

1987 – 1988 – Realiza algúns concertos coa súa primeira banda Yin Yang. Con eles gañaría a segunda praza no concurso rock Villa de Madrid na súa décima edición.

Esto sería un resumo dos principais traballos. Habería que engadir un sinfín de bandas e artistas de pop, rock, funk, etc cos que colaborou nalgún momento da súa carrera; Javier Pitera, Inhumanos, Nacho Mur, Mariló YeYe, Cristina del Valle, Planeta Jungla, Javier Baez, Abel, Antonio Marcos, Verela, Placi&exministros, La Traición, La Llamada, Musical Castañuelas 90, Canción Animal, Jorge Ahijado, Julio Fowler, David Montes, etc.