Masterclass Bajo Rubén Alonso

Masterclass de Baixo eléctrico a cargo de Rubén Alonso o vindeiro sábado 26 de maio en A Casa do Rock.

As posibilidades do tapping no baixo eléctrico:
 Técnica: Pulsación e posición correcta das mans e diversidade de recursos: hammer on, pull off, slide, bending, vibrato, harmónicos, …
 Métrica: corcheas, semicorcheas, tresillos, seisillos, ritmo suffle/swing, compases irregulares, …
 Linguaxe musical: Escritura e lectura dentro dun pentagrama e tablatura
 Harmonía: Aplicación de escalas e acordes, a súa execución dentro dunha obra musical
 Composición e arranxo: Diversidade estilística e creatividade
 Aplicación de efectos: Delay, reverb, chorus, distorsión, …

Biografía:
Actualmente é profesor de baixo, guitarra acústica, guitarra eléctrica, combo e ukelele en dZetta Music Center (Centro oficial Rockschool en Vigo).
A súa traxectoria musical é coñecida por ser o fundador, compositor, baixista e vocalista de Fallen Sentinel, grupo có que gravou 3 discos e compartiu escenario con grupos de nivel mundial como Cradle of Filth (UK), Overkill (USA), Gamma Ray (DE), Inmortal (NO), Cynic (USA), Primal Fear (DE), Primordial (IR), 3 Inches of Blood (CA), Draconian (NO), Exodus (USA), Suidakra (DE), …
Ademáis, tambén foi o baixista da prestixiosa orquestra Ritmo Joven de Pontevedra coa que actuou en case un centenar de datas.
Tambén desempeñou profesionalmente outras labores de ámbito musical, como técnico de son en directo de diferentes salas de renobre (La Goleta, Beer and Bones, Morrigan, Transylvania, … ), e productor de álbums de diversos artistas e estilos (Lethal Vice, Nihil, Carmen Johns, …).
Formación:
 Diplomado en maxisterio pola Universidade de Vigo
 Certificado RSL Level 3 Rockschool Grade 8 – Electric Bass Guitar
 Certificado RSL Level 3 Rockschool Grade 8 – Electric Guitar
 Diploma “Bass Performance” de Berklee College of Music (Boston – USA).
 Curso de “Bajo Eléctrico” do Conservatorio de Arzúa (A Coruña).
 Curso de “Luthería Antigua” da Escola Municipal de Artes e Oficios (Vigo)
 Curso de “Son e Música Moderna” da Escola Municipal de Artes e Oficios (Vigo)
 Curso de “Técnico de Sonido en Directo” de Artenet (Madrid).

Duración: 2 horas
Horario: 16:00-18:00
Entradas á venta en recepción.
As prazas son limitadas, non o deixes pasar
Prezo: 10€ alumnado ACDR / 15€ externos

Reservas: acasadorock@acasadorock.com / 881979660