24 de Setembro de 2024

Macro Actuación 2024 – Grazas !

Macro Actuación 2024 – Grazas !

☀️ Pedazo macroactuación 😉 e xa van 4 edicións!

🙌Graciñas a todxs por vir, por traer os vosos instrumentos e por compartir con nós esa tarde de música deste xeito tan especial!!!

🤘Non podemos estar máis contentos!!
🎵Grande equipazo A Casa do Rock pola montaxe de semellante 🎡 despliegue, graciñas ao Gogozo festival 😉 pola infraestructura, loxística e instalacións para poder realizar este tipo de eventos.
😌☀️☀️ Seguimos medrando e facendo historia 🤟🏻

Aquí vos deixamos dúas das actuacións que fixemos nesta macroactuación para que lle votedes un ollo!

 

 

🎸🔥 A Casa do Rock segue rockeando forte!

Estamos moi orgullosos de compartir que a nosa escola saiu na @rtve e en @lavozdegalicia. Todo grazas á nosa espectacular macroactuación no Monte do Gozo do pasado 22 de setembro! 📰📺

Esta actuación foi o broche final para despedir o festival GO!GO!ZO!, onde os nosos alumnos e profes demostraron que o espírito do rock segue máis vivo que nunca.

Se non puideches asistir ou perdiche en directo, dálle ao play e revive cada acorde!

O rock vívese, séntese, e en A Casa do Rock, apréndese! 🤘

 

E a continuación tóda-las novas de La Voz de Galicia 😉

 

Foto: Sandra Alonso – La Voz de Galicia

 




 

Outros artículos

  • 25 de Xaneiro de 2026
    Obradoiro Ukelele nivel medio/avanzado – Sábado 7 Marzo 2026
  • 11 de Xaneiro de 2026
    Obradoiro Ukelele Para principiantes – Sábado 7 febreiro 2026