Información

Aquí tedes a información máis importante a ter en conta acerca do festival.

PREGUNTAS FRECUENTES

mapa actualizado del evento canteira rock fest

XERAIS

APERTURA DE PORTAS 11:00H

CONCERTOS MAÑÁ: 12:00 – 14:00 H

TORNEO HITSTER ROCK 15:00H (HALL) Con Chafarís

CONCERTOS TARDE: 16:00 – 18:30 H

FOODTRUCKS: Con opcións para todos os Gustos (e para Repetir)

SORTEOS: Premios, sorpresas e moito máis do que imaxinas.

ZONA DE XOGOS – INCHABLES: Xogos de Mesa e Espazos para Desconectar entre Concertos

POSTOS E STANDS: Marcas, Proxectos e Propostas que Molan

Entrada Anticipada : 8€
Na web de Entradium: https://entradium.com/events/canteira-rock-fest-pazo-de-congresos

Entrada en Taquilla: 12€

Entrada de Balde para Menores de 5 anos e Persoas con Mobilidade Reducida.

O evento realizarase no Pazo de Congresos

🚗Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro Santiago de Compostela (ES), Santiago de Compostela, 15707, España

🚌Línea 6 (San Marcos – Os Tilos), parada 560 – San Lázaro (Palacio de Congresos)

📞(+34) 881 28 99 22

PARA OS FAMILIARES DO ALUMNADO

plano do evento cos numeros correspondentes
O Alumnado debe presentarse 30 minutos antes da súa actuación no 1 ACCESO ALUMNADO. EXCEPTUANDO a canción 1. Miguel Ríos – Bienvenidos que deberá estar 45 minutos antes.
→ Se Chegan antes da hora indicada, deberán permanecer coa súa familia ata o momento de recepción.
Importante Traer ese Día:
  • Instrumento
  • Púa.
  • Correa. (Se tocas de pé)
  • Partitura: Para quen a Precise.
⚠️ Se non tedes guitarra ou baixo e precisades un da escola, enviade un correo a: acasadorock@acasadorock.com
(É imprescindible avisar polo menos con dúas semanas de antelación por motivos organizativos)
Tras tocar, deberán recoller e enfundar o instrumento no espazo reservado antes de reunirse coa súa familia.

 

Importante Traer ese Día:
  • Baquetas: Cada Batería debe traer as súas propias Baquetas.
  • Partitura: Para quen a Precise.

 

Todo o alumnado accede en primeiro lugar pola entrada xeral ao recinto (parte inferior do plano, igual que o público).

Desde alí, diríxese á zona sinalada como “ENTRADA ALUMNADO”, onde será recepcionado polo equipo organizador.

Nesta recepción entregaráselles:

  • pulseira identificativa.
  • acreditación individual (excepto no caso de Iniciación á Música).

🔸 O alumnado de Iniciación á Música (3–6 anos) recibirá a súa acreditación ao rematar a súa actuación, unha vez se atope na zona de recollida.

Unha vez identificados, os grupos serán conducidos ás súas zonas de agarda específicas, onde:

  • Configuraranse as bandas de instrumentos coas persoas responsables asignadas.
  • Todo o grupo xunto esperará antes da súa actuación, preparados para entrar no escenario.

📍 Distribución das zonas de agarda:

  • Zona Agarda Iniciación: O alumnado de iniciación á música e iniciación aos ritmos será a única formación que agarde no lateral esquerdo da sala (sinalada no plano).
  • Zona Agarda Alumnado: Teatro Musical e Bandas de Instrumentos: agardarán no lateral dereito da sala, na zona sinalada como punto 2.

Os grupos accederán ao escenario no momento indicado, a través das escaleiras do lateral dereito, sempre acompañados polo equipo da organización.

A actuación desenvolverase na parte central da Sala Santiago, con apoio técnico e supervisión docente.

A saída realizarase por dúas rutas diferentes, segundo a formación:

🔸 Bandas de instrumentos

  • 👉 Saída dereita (con Sandra): guitarristas, baixistas e ukelelistas sairán por esta zona, pasarán pola zona de fundas e continuarán cara á zona de recollida B.
  • 👈 Saída esquerda (con Tami): pianistas, baterías e cantantes sairán por esta zona e agardarán na zona de recollida A.

🔸 Iniciación á Música e Teatro Musical

👈 Estes grupos sairán sempre polo lateral esquerdo, tamén acompañados por Tami, e dirixiranse directamente a zona de recollida A.

A recollida do alumnado efectuarase exclusivamente nas Zonas de Recollida A e B habilitadas para tal fin, situadas fóra da sala, e deberá ser realizada polas súas familias ou persoas responsables.

Zona de Recollida A
  • Pianistas
  • Baterías
  • Voces
  • Grupos de Iniciación á Música (3–6 anos)
  • Teatro Musical
Zona de Recollida B
  • Guitarristas
  • Baixistas
  • Ukelelistas

⚠️ É imprescindible que o alumnado sexa recollido nos minutos inmediatamente posteriores á súa actuación.

 

⚠️ O alumnado que participe en varios temas deberá ser igualmente recollido polas súas familias ao rematar cada actuación. Será responsabilidade das familias acompañalo de novo á súa zona correspondente cando teña que volver actuar.

 

🚫🚫 En ningún caso se fará entrega do alumnado ao baixar do escenario nin noutras zonas da sala. A entrega realizarase exclusivamente nas Zonas de Recollida A e B habilitadas para tal fin.

PAZO DE CONGRESOS