Información

Aquí tedes a información máis importante e a ter en conta acerca do festival.

Queridas familias,

O sábado 7 de xuño celebraremos o Festival de Fin de Curso.

Parécenos importante lembrarvos o que tedes que traer ese día:


🎶 1º PARTITURA

Para quen a precise.

🎸 2º INSTRUMENTO (Guitarristas e Baixistas)

Lembrade traer o voso instrumento. Se tocas de pé, non esquezas a correa.

Se non tedes guitarra ou baixo e precisades un da escola, enviade un correo a: acasadorock@acasadorock.com

(É imprescindible avisar polo menos con dúas semanas de antelación por motivos organizativos.)

🥁 3º BAQUETAS (Baterías)

Cada batería debe traer as súas propias baquetas.


🔧 A Casa do Rock levará todo o material restante:

Pianos, baterías, banquetas, taburetes, alzadores, pés de guitarra, afinadores, jacks, amplificadores, monitores, atrís, cadeiras e soportes.


🏟️ Accesos e movemento no recinto (Achegamos plano):

  • O alumnado debe presentarse 30 minutos antes da súa actuación no 1 ACCESO ALUMNADO.

    Se chegan antes da hora indicada, deberán permanecer coa súa familia ata o momento de recepción.

  • Bandas: situaranse no lateral dereito do escenario (butacas).

  • Iniciacións: situaranse no lateral esquerdo do escenario.

  • Unha vez rematada a actuación, a familia recollerá ao alumno/a.

  • Se o alumno/a participa en máis dun tema, despois da primeira actuación sairá co resto dos compañeiros/as. Deberá volver facer o acceso 30 minutos antes da súa seguinte actuación.

  • Guitarristas e baixistas: tras tocar, deberán recoller e enfundar o instrumento no espazo reservado antes de reunirse coa súa familia.


💬 Para calquera dúbida ou consulta, estamos á vosa disposición. Non dubidedes en contactar connosco.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo,

Equipo A Casa do Rock 🎸