I Festa do Libro e da Cultura

Volven os Combos!!

Tras moito tempo sen poder desfrutar en directo dos nosos Combos, este sábado 24 de Abril a partir das 16:00 horas, no Seminario Menor, e baixo tódalas medidas de protección e seguridade, os Combos actuarán na I Festa do Libro e da Cultura.

Sen dúbida unha gran noticia para as nosas formacións, que levan moito tempo desexando mostrarnos os seus avances durante este último ano! E tamén, para tódolos amantes da música que poderán gozar de novo da música en directo!