Macroactuación 25 Setembro


O próximo 📅 25 de setembro celebramos a macroactuación!🤘🏻
Tod@s @s músic@s estades convidados a tocar simultáneamente “Forza para un mundo libre”  (Keep on Rockin’ in the free world)  e “Terra” (Tanxugueiras) no Monte do Gozo
👉🏻Queres asistir? As entradas son gratuítas pero atento porque o aforo é limitado 🤑
🤘🏻 Queres tocar connosco? A participación é libre, está convidado todo o alumnado da escola, amigos e familiares a este evento 🎸 🥁 🎤 👩‍🎤
Non te quedes fora, reserva xa a túa praza como músico ou asistente e vémonos o próximo 25 de setembro.

📍 Monte do Gozo
📅 25 de setembro ás 16:00 horas
🎟 Entrada gratuita
👩‍🎤 +500 músicos
📲 Reserva a túa praza aquí!

 


 

Horario Agosto

Chegaron as vacacións A Casa do Rock !!

Para temas de tenda, local de ensaio e reservas de clases durante o mes de agosto o noso “horaro de atención ao público” podédelo consultar no calendario da imaxe.

Para calqueira duda fora deste horario enviade un correo https://acasadorock.com/gl/contacto/ ou acasadorock@acasadorock.com e atenderémolo encantados!

Oferta de novos cursos para 2022/2023:
Teatro Musical xoves 17h “novo grupo”
Harmonía 1 mércores 20h “novo grupo”
Iniciación á música electrónica “novo curso”
Ukelele inciación peques luns 16h
Guitarra acústica peques lunes 18,30h
Baixo iniciación mércores 16,30h
Piano inciación martes 17h e xoves 16h “novo grupo”
Batería iniciación martes 16,30h e venres de mañá “novos grupos”

Incríbete online a través na nosa web:
https://acasadorock.com/gl/matricula-22-23/

Que teñades un moi bo verán, desfrutade moito moitísimo e vémonos o luns 5 de setembro no arranque do curso 2022/23!!

Pd: Hasta luego maricarmen! 😀

Festival Fin de Curso – Domingo 26 Xuño

O noso alumnado celebra o fin de curso da maneira máis especial, tocando diante das súas familias, amizades e compañeiros/as.

Tras dous anos sen poder celebralo, o noso alumnado fará vibrar ao público asistente.

Xornada de mañá 12:00 a 14:00
Xornada de tarde 16:30 a 18:30

Consulta os horarios de tódolos temas premendo no seguinte enlace:
HORARIOS

As entradas para o Festival poden mercarse a través do seguinte enlace:
ENTRADAS

Consulta o protocolo de acceso a instalación:
 ACCESO

 

Por motivos de aforo, ata o venres 10 de Xuño, cada persoa poderá optar á compra de 2 entradas asociadas a un/ha alumn@ da escola. A partir do día sábado 11 procederase á venda do resto de entradas, sen ningún límite de compra.

 

As entradas pódense mercar por anticipado na web a prezo reducido:
Entrada de mañá ou tarde 5€
Entrada xornada completa 8€

Ou na taquilla* (só efectivo) o día do evento cos seguintes prezos:
Entrada de mañá ou tarde 7€
Entrada xornada completa 10€

Os beneficios do festival doaranse para Asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Grazas a esta colaboración, Asanog consegue recursos que lle permiten desenvolver programas de investigación e axudar aos doentes máis pequenos.

Entrada de balde para menores de 3 anos e persoas con mobilidade reducida.

ASANOG

ASANOG

Xullo Intensivo 2022


Durante o mes de Xullo A Casa do Rock ofrécevos os cursos intensivos de Verán.
Horario
Mañáns: Luns a venres de 09:00 a 14:00
Tarde: Luns a mércores de 16:00 a 21:00

Neste curso intensivo temos unha oferta especial con descontos ata do 25% na mensualidade a partir de 6 horas, 8 horas e 10 horas.

Só durante este mes de Xullo non hai matrícula para asistir a estas clases intensivas e podemos adaptar os horarios de semana en semana.
No caso de querer continuar no mes de Setembro é preciso facer matrícula.

Podes mercar as túas horas dende o seguinte enlace:
XULLO INTENSIVO

Noraboa!!

Dende A Casa do Rock, queremos felicitar a Iago Pico, ao noso profesor de Produción Musical, xunto a Tanxugueiras e todo o seu equipo, polo gran espectáculo que nos ofreceron a pasada fin de semana no Benidorm Fest.

Moitas grazas por todo. Seguir gozando da música e de tódolos valores que representades, como ata o de agora.

Campamento de Nadal – Horario Nadal

🎼📢 Chegou o Campa máis agardado !!! 🎪🎅🎄

🤟 Bulide que se esgotan !!!!

➡️ Inscricións a través da nosa páxina web:
https://acasadorock.com/gl/matricula_campamento_nadal_2021/

🎄 Datas do campamento:
Decembro: 22,23,24,27,28,29,30 e 31.
Xaneiro: 3,4,5 e 7.

⏰ Horario: 9:00h – 14:00h

🥳 Prazas: sería un máximo de 9 cativ@s !!!

+ Info na web: https://acasadorock.com/gl/campamento-nadal/
Agardámoste no Campamento Musical de Nadal A Casa do Rock !!!

Durante o Nadal o noso horario da tenda será o seguinte:

23, 27, 28, 29, 30 decembro, 3 e 4 de xaneiro -> 09 a 14h e 16h a 19h

24, 31 decembro e 5 xaneiro -> 09h a 14h

25 decembro, 1 e 6 de xaneiro -> Fechado