Linguaxe MUSICAL

1. ¿Qué é a linguaxe Musical?

En A Casa do Rock entendemos a linguaxe musical como a base do entendemento da música. Buscamos entre todos/as as respostas a preguntas tanto comúns como individuais que nos axuden a entender a música como unha linguaxe universal. Unha linguaxe que admite infinidade de posibilidades, tantas como intérpretes e compositores existan. O xeito de ver a música é moi persoal, aínda que para entendernos necesitamos descifrar qué é o que facemos cando tocamos ou que é o que reflexa unha partitura, e esa é a finalidade da linguaxe musical, entender a música.

2. Estrutura

Os contidos estarán estruturados en dous bloques atendendo ás idades e/ou  aos coñecementos previos do alumnado:

  1. Linguaxe Musical Peques (catro cursos)
  2. Linguaxe Musical Maiores/Adultos (dous cursos)

Os grupos de Peques 1º,2º e 3º serán de media hora semanal, e os de Peques 4º, Maiores/Adultos 1º e 2º de unha hora semanal. Atendendo ás idades e aos coñecementos previos necesarios agruparanse da seguinte maneira:

  1. Linguaxe Musical Peques 1º. 6-7 anos (idade mínima recomendada)
  2. Linguaxe Musical Peques 2º. 7-8 anos (idade mínima recomendada)
  3. Linguaxe Musical Peques 3º. 8-9 anos (idade mínima recomendada)
  4. Linguaxe Musical Peques 4º. 9-10 anos (idade mínima recomendada)
  5. Linguaxe Musical Mayores/Adultos 1º. 10-11 anos (idade mínima recomendada)
  6. Linguaxe Musical Mayores/Adultos 2º. 11-12 anos (idade mínima recomendada)

Haberá contidos que se repitan nos grupos de Peques e Maiores/Adultos, aínda que nas clases de Maiores/Adultos serán vistos con máis profundidade e diferente perspectiva.

3. Metodoloxía

Seguiremos unha metodoloxía marcada polas necesidades do alumnado. Clases participativas nas que o punto de partida sempre sexa o propio interese do grupo, encargándose o profesorado de alimentar ese interese e espertar outras curiosidades enriquecedoras. No caso dos grupos de “peques” traballaremos maioritariamente a partir de actividades lúdicas e con diversos materiais.

4. Obxectivos xerais

  1. Compartir vivencias musicais entre o alumnado para iniciar a súa relación afectiva coa música.
  2. Impulsar a creatividade como ferramenta indispensable no estudo de calquera arte.
  3. Adquirir bases sólidas para o desenvolvemento auditivo, melódico, rítmico, harmónico e formal.
  4. Desenvolver a capacidade da escritura como elemento da linguaxe musical moi paulatinamente, adaptado a cada nivel.
  5. Propiciar o emprego dunha terminoloxía musical básica a través dos coñecementos teóricos.