Katia

Katia - Piano

Katia – Piano

Katia do Río naceu en Santa Uxía de Ribeira o 3 de febreiro de 1987.

Comezou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Santa Uxía de Ribeira, empezando a tocar o piano na infancia. Desde moi temperá idade, formou parte de varios grupos de rock metal ata a súa incorporación ao grupo de blues/soul rock compostelán Mollo Experience en 2015, mesturando os seus coñecementos en música clásica co son do blues-rock máis actual.
Nas súas clases de piano incorpora conceptos de linguaxe musical e armonia, profundando en diferentes estilos musicais como o rock, standar blues, jazz.. sen esquecer a improvisación.

Estudou Dereito na USC e actualmente centra a súa carreira como docente de piano en “A Casa do Rock” e no estudo dos dereitos de autor e propiedade intelectual realizando o máster en Ciencia e Dereito na Uned: especialización en dereitos de autor, patentes e protección de datos, desde a perspectiva da Industria musical e a cultura, actividade que compaxina co proxecto musical Mollo Experience co que grava o seu primeiro álbum en 2018.

Katia - Piano

Katia – Piano