Iria

Iria - Batería

Iria – Batería

Nacín en Salamanca e son percusionista e psicóloga.
Empecei a estudar frauta traveseira na escola de música do meu concello, pero namoreime da percusión e abandoneina uns anos despois. Aos dezaoito comecei os meus estudos de psicoloxía na Universidade de Salamanca e pouco despois accedín ao Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade. Acabei con Premio Extraordinario de Fin de Ensinanzas Profesionais de Música e decidín centrarme na música, polo que continuei a miña formación no Conservatorio Superior de Música de Castela e León acabando tamén con sobresaliente.

Durante os meus anos de facultade fundei e toquei con varios grupos de música de moitos estilos, dende o punk, pasando polo rock ata chegar ao pop, cos que toquei nalgún festival e en diferentes salas, ademáis de tocar tamén con varias bandas de música e orquestras sinfónicas ao acabar os meus estudos no conservatorio.

No 2010, a raíz de axudar a uns nenos coas súas tarefas de música, descubrín a miña paixón pola ensinanza, polo que dende entón son profesora de percusión, batería e linguaxe musical.

Traballei en varias escolas da miña terra en cidades e concellos como Salamanca, Ávila, Zamora…. Ata que en 2020 trasladeime a Santiago de Compostela e entrei na familia da Casa do Rock, onde son mestra dende entón.