Iago Pico

Iago Pico

Iago Pico (Santiago de Compostela, 1986) Productor musical i enxeñeiro de son.

Comeza a súa andaina na música desde moi novo, cursando 8 anos no conservatorio profesional de música especializándose en saxofón e, posteriormente, cursando 5 anos de canto e guitarra na escola Drops. Despois de tocar en varias formacións musicais de diversa índole durante a súa mocidade, comeza a estudar son na EISV (Vigo) , cursa un master sobre masterización en Mastering Mansion (Madrid), así como o posgrao de “gestión de la industria musical’” na universidade Pompeu Fabra (Barcelona).

No 2006 decide montar o seu estudo persoal Pousada Son Studios, exercendo de produtor e enxeñeiro de mestura con bandas como Nave , The Retromutants, The Lákazans, Ruxe Ruxe , Ezetaerre,…Namorado da diversidade musical, encántalle traballar con infinidade de estilos, quedando sempre reflectido nas súas producións.