Guitarra eléctrica

A guitarra eléctrica é, probablemente, un dos instrumentos máis famosos e importantes na historia do Rock. Un instrumento que está presente en infinidad de estilos musicais, gracias a sua versatilidade de sons. E co que podemos servir de acompañamento, ou como solista, grazas ás suas cualidades harmónicas e melódicas.

Obxectivos

· Coñecer o instrumento, experimentar con él, exploralo e desfrutarlo
· Adquirir unha postura apropiada e evitar ou correxir aquelas que se consideren nocivas
· Adquirir hábitos e rutinas de traballo: escoita consciente, práctica regular, iniciativa…
· Realizar lectura rítmica e melódica con autonomía
· Adquirir, mellorar ou optimizar técnicas en ambas mans: dixitación, pulsación, coordinación, ‘picking’,
strumming’, bend, slide, legato, vibrato, palm mute, tap…
· Coñecer os acordes e escalas para unha formación completa e contextualizada na música moderna, dirixida á prática consciente e á improvisación creativa
· Experimentar a nivel melódico e harmónico, expresar ideas, compoñer e improvisar
· Adquirir recursos estilísticos que permitan completar e enriquecer a formación musical e o gusto persoal
· Construir un repertorio propio e dotar ao alumnado de ferramentas para traballar musicalmente
· Vivenciar o instrumento en contextos variados: rítmico, melódico, harmónico, solista ou grupal
· Experimentar o pracer de cómo a música pode mellorar a nosa calidade de vida

Contidos

  • Historia, fundamentos e cualidades da guitarra eléctrica
    · Recomendacións e hábitos para a prática diaria e a escoita consciente
    · Rudimentos e técnica básica: rasgado, picking, pulsación, coordinación…
    · Lectura melódica, rítmica e harmónica
    · Técnicas características e máis específicas: alternate-picking, hybrid-picking, sweep-picking, bend, slide, mute, tapping, legato, harmónicos naturais e artificiais…
    · Escalas representativas e posibilidades: maior e menor, menor harmónica e melódica, pentatónica maior e menor, escala de blues, modos gregos, escalas alteradas…
    · Acordes representativos e posibilidades: Power Chords, acordes en posición aberta e acordes móbiles, tríadas, cuatríadas, acordes con tensións…
    · Recursos estilísticos orientados cara os intereses do/a alumno/a e a construcción dun repertorio propio
    · Ferramientas para improvisar, compoñer, arranxar e interpretar temas

Metodoloxía

As clases constarán de media hora ou unha hora semanal, nas que o/a alumno/a terá acceso a pautas de traballo, recomendacións, material especializado, e coñecementos que lle permitan alcanzar os obxectivos que persegue. Poderase orientar dende un enfoque totalmente lúdico ata outros máis profesionais (ou ambos), con flexibilidade e coa guía e apoio do profesor.  O proceso de ensinanza e aprendizaxe basearase nos seguintes pilares: a comunicación, a adquisición de técnicas básicas e de hábitos de traballo progresivo, a interación co instrumento, a música gravada, os demáis músicos, o diálogo e a improvisación; todo iso co fin de desenvolver unha formación enriquecedora, válida e contextualizada.

A escoita activa e consciente, así como o contacto cos fundamentos da música de raíz do noso tempo, son unha constante na rutina de clase para coñecer a música, o instrumento e desfrutar de ambos con plenitude.

NIVEL BÁSICO

Coñecemento do instrumento, exploración e hábitos para o seu coidado
Postura axeitada e correción de aquelas que se consideren nocivas
Notación básica e cifrado para o instrumento
Tocar con tónicas a harmonía de cancións populares e cercanas ao alumno/a, nunha corda ou en cordas consecutivas
Técnica básica de pulsado na man do diapasón e de picking básico na outra man
Exercicios que permitan estimular a dixitación correcta, utilizando todos os dedos pertinentes
Acordes básicos en posición aberta e as súas notas raíz
Power chords básicos
Iniciación na trasposición de acordes
Lectura rítmica e melódica coas figuras e notas elementais
Escala pentatónica e posicións que permitan crear e realizar pequenas improvisacións guiadas
Repertorio atendendo á preferencias do/a alumno/a e ao criterio do profesor

NIVEL MEDIO

Pulsación en ambas mans e experimentación co timbre do instrumento
Técnicas básicas para crear efectos co instrumento: vibrato, legato, bend, slide, tap, mute…
Escalas maiores, menores, escala pentatónica e escala de blues
Power chords avanzados, acordes cuatríada e acordes con tensións.
Arpexios de triada e cuatriada.

Segmentación de acordes por cordas para crear arranxos.

Intervalos nunha corda ou en dúas cordas.
Experimentar con progresións de acordes, crear progresións tonais e asimilar recursos harmónicos
Recursos estilísticos que completen e amplíen a formación musical do/a alumno/a
Adestramento auditivo, que permita recoñecer e reproducir de oído, coa guía do profesor.

Improvisación, expresión de ideas, audicións, temas, etc.

NIVEL PERFECIONAMENTO

Reprodución de pasaxes, progresións, licks… a través da escoita consciente e activa
Orientación do alumno cara as súas preferencias estilísticas e profesionais, segundo a súa evolución
Adquisición de destrezas e desenvolvemento dun son propio co instrumento
Lectura de partituras e tablaturas de forma autónoma e eficiente
Interpretación de cancións de referencia con dificultades técnicas e musicais, que permitan afianzar o coñecido e evolucionar cara o descoñecido
Acordes con tensións, as súas inversións, posicións e posibilidades
Escalas tonais, modais e arpexios e construción de solos con musicalidade
Creación dunha biblioteca propia de licks, voincings, progresións, etc. e utilizalos conscientemente
Desenvolvemento dun repertorio amplo con criterio e arranxos propios
Improvisación aplicando toda a técnica e teoría coñecida, dende distintas aproximacións