CORO

CORO INFANTIL

Se ao teu peque gostalle cantar, ¿porqué non probar o Coro Infantil Moderno A Casa do Rock?
Os peques da casa empezan a saber como se forma un coro dende o inicio, aprenden novas técnicas para poñer en común co resto de compañeiros e nos deslumbran con grandes actuacións!

Unha hora á semán para gozar cantando en grupo coa nosa profe Bea.

Para idades entre os 6 e os 12 anos.

A Casa do Rock - Coro Infantil

A Casa do Rock - Coro

CORO ADULTOS

Se che gusta cantar, e compartilo con máis xente, o noso Coro moderno é unha gran oportunidade.

Nas clases traballaremos bases rítmicas de lectura e harmonía, e técnica vocal.

Os luns, de 20:00 a 21:00, Diana espéravos para sacar o mellor das vosas voces e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases.

Non te quedes coa dúbida e contacta con nós para unha clase de proba, sen compromiso e totalmente gratuita.

Apúntate xa no noso correo electrónico acasadorock@acasadorock.com ou chamando por teléfono ao 881 97 96 60.