O próximo día 22 de febreiro, voltamos as aulas coa mesma ilusión que mantivemos nas clases on-line, polo que todo o alumnado do centro retomará as súas clases presenciais, como viñamos facendo ata o pasado 27 de xaneiro.
No tocante as clases de Canto e Coro, as mesmas deberán de continuar de forma telemática ata o mes de Marzo.
As clases de Combo retomaránse, neste caso, sen a participación da voz.
Moitas grazas a todo o alumnado e as súas familias pola comprensión e os ánimos que nos fixeron chegar.
Onte á noite foi publicado no DOG que ata o 17 febreiro se suspende temporalmente toda actividade presencial nas escolas de música, por iso hoxe mesmo comezamos as clases ONLINE.
Iniciación á música, iniciación aos ritmos e teatro musical recibiredes un vídeo no voso email ao longo da semana. Ímonos a poñer en contacto con todos para organizar as diferentes opcións para estas clases.
O resto de materias (linguaxe musical, piano, baixo, guitarra, batería, canto e produción musical) pasan todas a online no mesmo día, mesma hora e mesmo/a mestre/a.
As clases de Combo son as únicas que quedan suspendidas ata que se podan retomar de forma presencial.
Como moitos/as xa asististes á modalidade online, xa coñecedes o procedemento. A todos/as os/as novos/as invitámosvos a que probedes. Son clases nun formato distinto pero o máis importante é a continuidade na aprendizaxe do noso alumnado, e a constante evolución no instrumento. O ano pasado moitos/as vivistes un paro de marzo ata setembro, non queremos que este ano sexa así. Probade e valorade as clases online.
Foi un ano moi difícil, con momentos duros e complicados.
Por iso queremos agradecer a todo o alumnado e ás súas familias o apoio e ánimo recibidos e desexarvos unhas boas festas e un feliz 2021 cheo de música!!!
Xa está aquí o Campamento de Nadal d´A Casa do Rock !!
Neste curso arrincamos co primeiro campamento de nadal da Casa do Rock. Para tódolos peques da casa, a partir dos 4 anos, onde a música e a diversión serán fundamentais durante as mañás durante estas datas do Nadal.
Desde A Casa do Rock comunicámosvos que tódalas actividades programadas continúan no mesmo día e hora.
Neste momento reducimos o aforo ao 50% respecto ao máximo permitido como sae hoxe publicado no DOG.
Como ben sabedes, este curso 2020/21 tivemos en conta reducións de alumnado nos grupos de iniciación á música, teatro, linguaxe musical, harmonía, etc… como anticipación a este tipo de posibles escenarios.
Agardamos que esteades tod@s ben e mandamos unha aperta moi grande de todo o equipo dA Casa do Rock
Non te quedes sen a túa praza, aínda estás a tempo de matricularte e gozar do teu instrumento favorito.
Batería, Piano, Guitarra, Baixo, Canto, Iniciación a Música (3 a 6 anos), Teatro Musical, Produción Musical!!
Primeiro de todo mandarvos unha enorme aperta por estes tempos difíciles que estamos a vivir e desexarvos que esteades tod@s ben.
Dende A Casa do Rock queremos dar moito ánimo e forza para seguir adiante!!!
Temos previsto a reapertura mércores 27 maio cun ⚠️aforo reducido do 30%.
Para iso precisamos seguir un protocolo de funcionamento dentro da escola, o cal explicamos neste vídeo.
NORMAS DE ACCESO E FUNCIONAMENTO:
➡️- Entrará o alumnado sen acompañantes, salvo os máis pequenos que poden ser acompañados por un adulto
➡️- Para evitar aglomeracións a entrada realizarase por Rosalía de Castro nº33 (acceso por escaleiras) e a saída polas Galerías que dan a Rúa Nova de abaixo (esta saída das galerías tamén volve a Rosalía de Castro subindo un piso)
➡️- Tomarase a temperatura na entrada cun termómetro infravermello, non permitindo a entrada a quen supere 37,5 ºC.
➡️- Será obrigatorio o uso de máscara. O alumnado traerá posta a súa propia máscara, a cal ten que utilizar mentres permaneza no centro.
➡️- O alumnado ten á súa disposición na entrada, na aula e na saída xel hidroalcóholico para a desinfección das mans. Será obrigatorio o seu uso na entrada e na saída do centro.
➡️- O alumnado traerá os elementos necesarios para a realización da clase: baquetas, púas, carpeta, bolígrafo, guitarra ou baixo no caso de dispoñer de instrumento propio.
➡️- Non se usará a sala de espera.
➡️- Hai marcas de distancia sinalizadas no chan indicando onde permanecer á espera.
➡️- Os pagos realizaranse por domiciliación.
➡️- Para atención ao público máximo unha persoa na recepción. Os demais agardarán na marca sinalada.
➡️- No caso de clases colectivas de moito alumnado como: music production, combo, coro, iniciación á música e ritmos, teatro musical; imos ser precavidos e que as autoridades sanitarias nos permitan abrir con máis aforo e unhas medidas de prevención adecuadas.
➡️- No caso das clases de “canto”🎤 tras tomar todas as medidas oportunas, a nosa empresa de riscos laborais deunos a súa aprobación para retomar as clases presenciais, sendo esta materia a única onde o uso de mascarilla non é obrigatorio.
➡️- Consultas preferentemente por correo electrónico ou telefonicamente: acasadorock@acasadorock.com ou 881 97 96 60
🤩 Darvos as grazas unha vez máis pola confianza, pola forza que nos dades para seguir adiante !!! Estamos desexando que todo se normalice e volver a dar caña, facer festivais, eventos e desfrutar da música !!
Temos moitas ganas de vervos a tod@s !!
Un abrazo moi grande de todo o equipo dA Casa Do Rock !!!
En primeiro lugar desexar que tod@s vos atopedes ben e agradecer a implicación e confianza depositada en A Casa do Rock. Sairemos desta!
Tod@s estamos a vivir unha situación novidosa e excepcional. Por iso, debido á ampliación do Estado de Alarma ata o vindeiro 12 de Abril, tomamos as seguintes decisións, procurando na medida do posible non sacrificar a actividade docente. Máis que nunca, neste días vemos o importante que é a música…
Iniciación a Música, Iniciación a Ritmos, Teatro Musical e Combos. Son materias que non é posible realizalas vía online, polo tanto o recibo destas mensualidade queda suspendido ata que volvamos á normalidade. Resto de materias (instrumento, linguaxes e harmonía). Na medida do posible, non queremos que o alumnado perda a continuidade das clases, por iso estamos adaptando estas materias para poder realizalas na modalidade online (preferentemente vía Skype). Destacar que o noso profesorado dispón de tódolos medios e recursos didácticos para adaptarse á modalidade online. Moitos de vós, xa realizastes clases vía Skype durante o mes de marzo e desexamos que continuedes nesta modalidade ata que poidamos volver á escola. Non dubidedes, non se reducirá a calidade das clases…
Por outro lado, tamén nos vimos na obriga de reorganizar temporalmente A Casa do Rock. Por este motivo, cabe a posibilidade de que algunhas das clases non sexan impartidas polo profesor/a habitual. Tratarase de reorganizar as axendas e adaptarnos ás necesidades de todos vós.
Por favor, comunícanos vía mail se desexas seguir formándote vía Skype mentres dure o Estado de Alarma e alerta sanitaria.
Debido á publicación no DOG, na cal se expón que os centros educativos deberán permanecer fechados dende o luns 16 de marzo durante 14 días naturais, vémonos na obriga de cerrar a escola durante o período indicado.
Dende A Casa do Rock non queremos que o alumnado perda a continuidade das clases. Estas medidas que son necesarias para a saúde pública queremos que afecten o menos posible ao desenvolvemento do curso, polo tanto propoñemos diversas opcións, as cales podedes atopar no seguinte comunicado.