Category Archives: Noticias

Vídeo X Aniversario

Unha década de Rock!!!

Seguimos facendo a nosa pequena historia e menuda a que argallamos no Monte do Gozo para festexar estes 10 anos de A Casa do Rock.

Moita xente pasou pola nosa escola e estudio neste tempo, moitísimas grazas por aportar a construir este proxecto: alumnado, profesorado, empresas e profesionais cos que traballamos neste tempo, chegamos aquí con vós!

Eternamente agradecidos!!!

Queremos dar un 10 a todo o noso alumnado e familias por gravar un super vídeo e dalo todo nesa coreografía tan divertida.

Un 10 a todo o equipo técnico do Gogozo festival, por axudarnos na realización deste evento tan especial.

E un 10 inmenso ao noso equipazo por facer isto posible!!!

Graciñas por esta década de Rock, e a por moitas máis…

Somos equipo A Casa do Rock

www.acasadorock.com

“Facendo canteira dende 2011”

Vídeo feito por:
Adrián González @adrienone, Carla Pérez, David Costas e Dani (Dgaliadrone)

Curso 2021 / 2022 – Comezamos o luns 6 de setembro !!

A Casa do Rock - Curso 2021 / 2022

O curso 2021/2022 comeza o luns 6 de Setembro!

Non te quedes sen a túa praza, aínda estás a tempo de matricularte e gozar do teu instrumento favorito.
Batería, Piano, Guitarra, Baixo, Canto, Iniciación a Música (3 a 6 anos), Teatro Musical, Produción Musical!!

 

CLICK AQUÍ para entrar no formulario online de matrícula

 

Consultas por correo electrónico ou telefonicamente: acasadorock@acasadorock.com ou 881 97 96 60
 

Taller Musical en Familia


corte-ingles-nadal-CARTEL-a3-color-2018_19

Para os máis peques da casa (3 a 6 anos)


O vindeiro sábado 15 de decembro daremos un Taller Musical en Familia no salón de actos do Corte Inglés.

Esta actividade terá unha duración de 30 minutos, onde os máis cativos da casa acompañados da súa nai/pai gozarán da música.

Teremos varias sesiones comprendidas entre as 16:30 e as 18:45 horas con AFORAMENTO LIMITADO.

 Para participar no evento só tes que contactar connosco a través do formulario de contacto da nosa web ou por teléfono.

https://acasadorock.com/gl/contacto/

  Se queres acudir ao evento é imprescindible apuntarse.