A materia de adestramento auditivo pretende aportar recursos, estratexias e hábitos de escoita consciente. A nivel xeral parte dunha visión global da música, tomando conciencia de cada un dos elementos que a compoñen a nivel sonoro. Tamén se centra na análise auditiva de aspectos teórico-prácticos coma os intervalos, escalas, modos, dinámicas, recursos estilísticos, formas musicais, etc.
Aspectos que imos traballar:
- Escoita consciente, análise e debate sobre algún ou varios aspectos de unha canción:
- Capas de instrumentos e timbres.
- Abstracción dalgún dos elementos anteriores.
- Forma musical.
- Intervalos:
- Tipos de intervalos e exemplos de cada un deles.
- Asociación de intervalos a cancións coñecidas e recorrentes.
- Ditado gráfico de alturas.
- Ditado melódico.
- Intervalos harmónicos.
- Acordes:
- Acordes de tríada/calidades.
- Acordes de cuatríada/calidades.
- Acordes con tensións.
- Técnicas para recoñecer a tónica e as notas tensionadas.
- Identificación de acordes dentro dunha progresión harmónica.
- Escalas/modos:
- As escalas máis habituais na nosa música: maior e menor.
- Os sete modos que xorden da escala maior.
- Efecto sonoro de cada unha das escalas e técnicas de recoñecemento.
- Harmonías asociadas a cada unha das escalas.
- Exemplos e audicións.
- Aplicación práctica:
- Reprodución dos exercicios ó piano/nocións básicas para o estudo.
- Interacción entre o alumnado e intercambio de exercicios.
- Deseño de exercicios propios para o adestramento auditivo.
- Diploma ROCKSCHOOL:
- Traballaranse de forma específica os ditados melódicos, rítmicos e harmónicos asociados ós exames da titulación impartida para aqueles alumnos e alumnas que a cursen.