REPETIMOS O 10º ANIVERSARIO

ACDR 10

Estade atentos as redes porque REPETIMOS o 10º ANIVERSARIO para desfrutar da música en directo

Os videos salváronse e quedaron espectaculares!!! Os planos do drone e dos cámaras polo medio do festi están brutais, o resultado vai ser unha pasada, xa veredes!!!

A nova data: REPETIREMOS o evento este domingo 26 pola tarde, sempre e cando teñamos previsión de sol!!!

Foi un 10º aniversario marcado por 10 minutos de choiva, suficientes para ter en conta que a seguridade é o primeiro. Queremos dar un 10 a todo o alumnado e familias por gravar un super vídeo e dalo todo nesa coreografía tan divertida. Un 10 pola vosa comprensión, ánimos e apoio total. Un 10 a todo o equipazo de A Casa do Rock que madrugou ben para montar toda esa infraestructura, a máis grande ata a data. Un 10 a tódolos técnicos da organización @Gogozo, Doppler, etc… que fixeron o mellor nesas circunstancias!!!

Xa que na finde a escola está fechada, imos a crear un grupo de whatshapp para avisarvos en caso de cancelación do evento.
Este será o teléfono: 628 11 99 82 da tenda da escola, soamente o imos usar para este fin. Para ter un medio de comunicación con vós. É preciso que engadades o tlf aos vosos contactos para recibir as mensaxes.

Contamos co número de tódolos asistentes do pasado sábado, e se non puideches participar, agora tes unha nova oportunidade, non a deixes pasar e inscríbete na nosa web para contar contigo!!!

https://acasadorock.com/gl/10aniversario/
Nunca choveu que non escampara!!!

X Aniversario – 18 Setembro

Plano 10º Aniversario

¡¡ Xa queda menos !!

O sábado 18 de setembro terá lugar a celebración do X Aniversario d´A Casa do Rock

A montaxe para tod@s aqueles que participen tocando un instrumento terá lugar entre as 09:00 e as 11:00.

As 11:00 chegan tod@s os que participan na coreografía / mosaico. Irémonos colocando nas nosas posicións e practicando a coreografía coas nosas monitoras de iniciación e persoal de administración!

¡ 11:30 a 12:15 o espectáculo !
Repetiremos varias veces o tema, para que os nosos cámaras recollan os mellores momentos dende todos os puntos de vista posible!

🎉🥳 10º Aniversario A Casa do Rock 🎉🥳

A Casa do Rock - 10 AniversarioO próximo 📅 18 de setembro celebramos o noso 10 aniversario ao grande, con moito rock🤘🏻
Para este aniversario organizamos un festival con +500 músicos tocando simultáneamente ‘Keep on Rockin’ in the free world’ tod@s xuntos no Monte do Gozo.
👉🏻 
Queres asistir? As entradas son gratuítas pero atento porque o aforo é limitado 🤑
🤘🏻 Queres tocar connosco? A participación é libre, está convidado todo o alumnado da escola, amigos e familiares a este evento 🎸 🥁 🎤 👩‍🎤
Imos celebrar estes 10 anos como mellor sabemos, con moita música, moito rock e moita alegría. Así que non te quedes fora, reserva xa a túa praza como músico ou asistente e vémonos o próximo 18 de setembro.
Toda a información para participar: acasadorock.com/gl/10aniversario/
📍 Monte do Gozo
📅 18 de setembro
🎟 Entrada gratuita
👩‍🎤 +500 músicos
📲 Reserva a túa praza na web

Curso 2021 / 2022 – Comezamos o luns 6 de setembro !!

A Casa do Rock - Curso 2021 / 2022

O curso 2021/2022 comeza o luns 6 de Setembro!

Non te quedes sen a túa praza, aínda estás a tempo de matricularte e gozar do teu instrumento favorito.
Batería, Piano, Guitarra, Baixo, Canto, Iniciación a Música (3 a 6 anos), Teatro Musical, Produción Musical!!

 

CLICK AQUÍ para entrar no formulario online de matrícula

 

Consultas por correo electrónico ou telefonicamente: acasadorock@acasadorock.com ou 881 97 96 60