Desde A Casa do Rock comunicámosvos que tódalas actividades programadas continúan no mesmo día e hora.
Neste momento reducimos o aforo ao 50% respecto ao máximo permitido como sae hoxe publicado no DOG.
Como ben sabedes, este curso 2020/21 tivemos en conta reducións de alumnado nos grupos de iniciación á música, teatro, linguaxe musical, harmonía, etc… como anticipación a este tipo de posibles escenarios.
Agardamos que esteades tod@s ben e mandamos unha aperta moi grande de todo o equipo dA Casa do Rock