NOVIDADE PARA O CURSO 2019 – 2020
GRUPOS DENDE 4 ANOS EN ADIANTE
O Teatro Musical é unha forma de teatro que combina cancións, diálogos, actuación e danza. As historias comunícanse a través das palabras, a música, o movimento e os aspectos técnicos do espectáculo como un todo integrador. O Teatro musical é un xénero interdisciplinar, que ofrece ó alumnado unha plataforma para formarse e desenrolarse artísticamente, na música, no teatro, a danza e as artes visuais.
As nosas clases tratan de facer emerxer esa creatividade dende o movemento e a música eliminando os bloqueos corporais que nos impiden manifestarnos,preparándonos así para a obtención dunha interpretación unificada de mente, corpo e voz.
O alumno pode sentirse así protagonista da súa propia historia e crear un diálogo entre o mundo que o rodea e o seu propio interior.