Festival fin de curso 2025
Benvidos ao noso Festival Fin de Curso 2024/2025!
Será o evento máis grande da historia da escola, e estamos emocionadísimos de compartilo convosco. Pola magnitude deste encontro, será un festival pioneiro que levamos preparando con moito esforzo e ilusión durante todo o ano, e que require unha infraestructura e montaxe de dous días por parte de todo o equipo.
E para facer a festa aínda máis divertida, teremos comida, inchables, sorteos e moitas sorpresas máis!
Serán máis de 800 alumnos e alumnas que celebrarán este día tan especial tocando diante das súas familias, amizades e compañeiros/as.
Un evento único en Galicia!
Grazas por formar parte desta celebración tan especial!
Estamos desexando vervos e vivir xuntos un día inesquecible!
Horarios
Consulta os horarios individuais dos temas no seguinte enlace:
HORARIOS
A xornada de mañá será de 12:00h ata as 14:05h.
A xornada de tarde será de 16:00h ata as 18:30h.
Entradas
O prezo da entrada anticipada é de 8€.
Este ano contamos con entrada única, válida para o acceso á instalación durante todo o día.
O prezo da entrada o día do evento é de 12€.
Entrada gratuita para menores de 5 anos e persoas con movilidade reducida.
As entradas para o festival poderán adquirirse a través do seguinte enlace:
ENTRADAS
Información
Se tes algunha dúbida acerca do evento ou do material que tes que levar, podes consultar máis información aquí:
INFORMACIÓN
Rifas
Queres gañar unha batería valorada en 700€?? Unhas clases de música??
Ou prefires pasar unha gran aventura??
Tamén somos de bo dente… seguro que tamén pode tocar unha merenda ou unha boa cea!
Info Rifas
Os nosos Patrocinadores
Edicicións anteriores
Aquí tes algunhas fotos e vídeos que capturan a esencia das pasadas edicións dos nosos festivais de fin de curso.
FESTIVAL PASADO 2024 – NO MULTIUSOS FONTES DO SAR: