Queridas familias, xa non queda nada para vernos o domingo no Súper Festival de Fin de Curso.

Parécenos IMPORTANTE recordarvos o que tedes que traer ese día:

1º PARTITURA, os/as que a precisedes.

2º Guitarristas e baixistas o voso INSTRUMENTO e se tocades de pé non esquezades a CORREA.

– NOTA: Se non tedes guitarra ou baixo e precisades un da escola, enviade un correo electrónico a: acasadorock@acasadorock.com

3º Baterías traede as vosas BAQUETAS.

A CASA DO ROCK levará todo o demais: pianos, baterías, banquetas, taburetes, alzadores, pés de guitarra, afinadores, jacks, amplificadores, monitores, atriles, sillas, soportes…

ACCESOS E MOVEMENTO NO RECINTO (Achegamos plano)

– O alumnado debe presentarse 30 minutos antes da súa actuación no 1 ACCESO ALUMNADO. No caso de chegar antes da hora de recepción prevista deberá estar coa familia ata esa hora (podendo acceder polo 2 ACCESO PÚBLICO e desfrutar do espectáculo).

– As BANDAS disporanse por orde no lateral esquerdo do escenario a pé de pista.

– As INICIACIÓNS disporanse no lateral dereito do escenario a pé de pista.

– Ao remate da actuación a familia esperará ao alumnado no hall (ver mapa)

– No caso de tocar en máis dun tema o alumnado sairá do escenario cos compañeiros/as e a familia recollerao no hall. Aos 30 minutos antes da seguinte actuación que lle toque deberá volver a facer o acceso como a primeira vez, polo 1 ACCESO ALUMNADO.

– GUITARRISTAS unha vez rematada a actuación non saen inmediatamente para o hall, se non que volven directamente do escenario para o espazo reservado para as fundas. Unha vez enfundado o instrumento saen para o hall e reúnense coa familia.

Agradecémosvos que nos fagades chegar calqueira cuestión que vos inquede para ese día.

Moitas grazas por todo.

Un saúdo

ACCESO Á INSTALACIÓN

ACCESO E DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO